Home  
 
 
 
 
  A Escola Universitaria de Enfermería de Ourense inaugurou este luns o curso 2008-09, un curso histórico porque da acollida á que será, dentro de tres anos, a súa derradeira promoción de Diplomados en Enfermería. A partires deste curso a Escola deberá adaptarse para introducir no vindeiro ano o novo plan de estudos, plan que dará acceso ao Título de Grao. Pasarase de tres a catro anos, e converxerase co mapa europeo de titulacións universitarias que iguala os estudios e titulacións en toda a UE. O novo curso supón, polo tanto, "un importante reto para a Escola", segundo se sinalou no acto de apertura.
 
 
Empezou o curso dos que serán os últimos diplomados en Enfemería da Escola Universitaria de Ourense
23 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A apertura do curso 2008-2009 da Escola Universitaria de Enfemería de Ourense tivo unha certa carga emocional para varios dos presentes no acto. O novo curso suporá un importante reto para a Escola, xa que será o ano da transición do vello plano de estudos de diplomatura ao novo que deberá implantarse o vindeiro ano, "co cambio que esto suporá e a dificultade de compaxinar ao longo de tres anos os estudios do plan vello e o novo", sinala o Servicio Galego de Saúde.
Esto é así debido a que a titulación de Enfermería deixará o vindeiro curso de ser unha diplomatura de tres años de duración, para converterse nunha licenciatura, chamada agora Grao, de catro anos.
Co novo plano, os estudos universitarios de Enfermería equipáranse ao resto de titulacións de converxencia co esquema universitario da Unión Europea, e permítese ao fin o desenvolvemento académico da profesión, posto que unha vez que os enfermeiros e enfermeiras completen os estudos de grao, poden dar paso aos de máster e doutorado.

Na benvida aos novos 53 alumnos e alumnas de primeiro e aos ao redor de 140 dos dous cursos superiores estiveron presentes o presidente do Padroado da Escola Universitaria de Enfermería e delegado provincial da Consellería de Sanidade, Juan José Monedero Aguilera,  a directora desta institución académica, María Rosario Alonso Payo, o vicerreitor de Formación e Innovación Educativa da Universidade de Vigo, Pedro Membiela Iglesias, o director provincial do Servizo Galego de Saúde, David Simón Lorda, e o xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, José Luis Jiménez Martínez.

O acto de inauguración, con novos 53 alumnos d eprimeros e os ao redor de 140 dos dous cursos superiores, tivo lugar este lunes na nova Aula Magna da Escola, espazo de nova creación froito das obras de reforma que "permitiron habilitar novos espazos, redistribuír superficie e mellorar a accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas coa construcción de ramplas e retirada de tarimas", segundo sinala o SERGAs.

Reformas e novos equipamentos

Para as melloras Consellería de Sanidade e Complexo Hospitalario de Ourense investiron 95.000 euros na renovación de mobiliario e realización de obras, distribuídos en 40.000 e 55.000 euros respectivamente. Froito desta iniciativa, este curso os alumnos e alumnas contarán con novos espazos como a devandita Aula Magna, de 130 metros cadrados e polivalencia como aula e salón de actos, unha Sala de Estudios con capacidade para 12 ou 15 alumnos con tres postos informáticos, Aula de Informática e Conserxería.

Xunto a elo, as melloras permitiron a total renovación do mobiliario en tres aulas, con 120 cadeiras e mesas, o equipamento dos novos espazos como a aula magna,  a sala de estudio e a aula de informática, así como a plena informatización do centro, coa apertura de 24 conexións a internet, e adquisición de ordenadores portátiles, impresoras, pantallas e canóns de proxección e dous pizarras dixitais, ao que hai que sumar 11 equipos informáticos, facilitados pola Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo. Tamén no capítulo de equipamento a Escola contará este ano con novo material nos talleres de prácticas entre o que se inclúen novos monecos simuladores de prácticas, un adulto e un infantil.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página