Home  
 
 
 
 
Todo segundo o guión previsto, veu a decirlles aos portavoces do BNG e do PP Francisco Rodríguez respecto a chegada da Alta Velocidade á capital ourensá. O alcalde de Ourense reuniu este luns á Xunta de Portavoces do Concello para darlle conta do estado da tramitación e da marcha dos estudios previos sobre o Trazado en Variante para a Integración da Alta Velocidade en Ourense. Na reunión, o alcalde anunciou a creación dunha Comisión de Seguimento para a chegada do AVE a Ourense, que estará integrada polos tres grupos políticos, a universidade e diversos representantes sociais.
 
 
 
Rodríguez anuncia Comisión de Seguimento aberta para a chegada e integración do AVE en Ourense
23 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"Sempre dixen que a integración do AVE en Ourense era un proceso de todos", sinalou o alcalde trala reunión da Xunta de Portavoces, "e por iso esta Comisión de Seguimento integrará a todas as capas da sociedade ourensana para que, entre todos, definamos os puntos fundamentais da chegada da Alta Velocidade". Foi unha das comunicación máis salientables feitas polo rexedor municipal na Xunta de Portavoces celebrada este luns a instancias, precisamente, do propio alcalde de Ourense.

Asimesmo, o alcalde informou ós portavoces da marcha dos requerimentos previos de información que foron chegando dende a Dirección Xeral de Ferrocarrís sobre distintos aspectos de avaliación do futuro trazado.
Segundo Francisco Rodríguez, estas consultas previas chegaron ó Concello de Ourense o pasado 12 de marzo e foron contestadas o 10 de setembro, co que "este proceso cumpliu e incluso reduciu os plazos marcados, o que contribuirá a axilizar os posteriores de avaliación de impacto ambiental propiamente dito e de redacción do proxecto definitivo".

Polo que respecta a estas consultas previas, dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense sinalouse que "non se atoparon áreas de especial protección medioambiental, nin de carácter municipal nin autonómico". Asimesmo, dende o departamento de Arqueoloxía suxiren que se realicen prospeccións intensivas polo trazado definitivo, unha vez sexa definido.
Ainda así, o rexidor ourensán sinalou que estas primeiras consultas realizanse sobre unha ampla mancha de terreo (duns 300 metros de anchura nalgúns casos), e só se refiren á clasificación inicial do solo, o que impide, de momento, facer precisións máis concretas.

Satisfacción e un pero

Pola súa banda, os portavoces dos outros dous grupos políticos no Concello, BNG e PP, expresaron a súa satisfacción en liñas xerais coa situación e a exposición feita polo rexedor municipal, ainda que o nacionalista Sánchez Vidal e o popular Poly Novoa coincidiron nun pero.

Trátase de que non se investiu a totalidade da partida orzamentaria prevista e asinada ata este 2008 no tramo Ourense-Santiago.
Sánchez Vidal sinalou ao respecto que "quedan sin investir 519 millóns de euros", que, segundo as contas do portavoz nacionalista, son o resultado de restar aos 1.244 euros consignados para o periodo 2003-2008, os 725 que van investidos.
En calquera caso, o portavoz nacionalista coincidiu co rexedor municipal ourensán en que "é posibel que o AVE esté en Ourense en 2012, como está previsto".

Volver atras
Imprimir Página