Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Marga Martín, concelleira de Sanidade

 
  A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense instalará dende este  xoves, día 18, ata o sábado, 20 de setembro, a carpa de asesoramento nutricional e actividade física “Aprende a Coidarte” nas Termas de Outariz. Dirixida a persoas de tódalas idades, esta iniciativa incluida no programa Ourense Cidade Saudable ten como finalidade prestar asesoramento persoalizado e gratuíto a tódalas persoas que o desexen sobre o patrón alimentario e a condición física co obxecto de fomentar estilos de vida saudables na poboación.
 
 
"Aprende a coidarte" fomenta os hábitos saudables cunha carpa instalada en Outariz dende este xoves  
18 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A iniciativa “Aprende a Coidarte” enmárcase nos programas de actividades que desenvolve a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense para fomentar hábitos de vida saudables entre os ourensáns, segundo informa dita Concellería. "Neste senso, os estilos de vida da sociedade actual favorecen un aumento de certas enfermidades crónicas con consecuencias socio-sanitarias e económicas sobre a saúde e a calidade de vida das persoas", sinala este departamento do Concello de Ourense, que engade que a alimentación pouco saudable e non practicar actividade física con regularidade son os principais factores de risco para o desenvolvemento de enfermidades crónicas asociadas á obesidade (hipertensión, diabetes mellitus tipo II, dislipemia...). "Por iso, a loita contra a obseidade é un dos maiores retos da saúde pública no presente século", sinala Sanidade do Concello de Ourense.

Para dar resposta a esta problemática, o Concello, co apoio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, ten en marcha a Unidade Concello Saudable, destinada a intervir na poboación para promocionar estilos de vida saudables, con iniciativas como a que se desenvolverá esta semana nas Termas de Outariz.
Un equipo de profesionais realizará a valoración antropométrica dos visitantes da carpa e lles prestará asesortamento persoal sobre alimentación saudable e equilibrada e exercicio físico. A actividade desenvolverase nas Termas de Outariz, o xoves e o venres, de 11 a 13:30 horas e de 16 a 19 horas, e o sábado, pola mañá, de 11 a 14 horas.

Volver atras
Imprimir Página