Home  
 
 
 
 
  O alcalde de Ourense Francisco Rodríguez deu resposta ao escrito presentado no Rexistro Municipal o pasado venres polo voceiro do Partido Popular, en relación co conflicto entre determinados empresarios de bares especiais solicitando unha xuntanza do órgano de mediación da Ordenanza Municipal sobre Protección contra Ruídos e Vibracións. Segundo o rexedor municipal, o conflicto existente entre determinados empresarios dos bares desta cidade derívase de dilucidar a calificación de “bar” e “bar especial”, polo que non está relacionado con incumprimentos regulados pola Ordenanza de Ruídos e Vibracións.
 
Noticias Relacionadas
  Rodríguez anuncia junta de portavoces esta semana, como pedía el PP, pero todavía sin fecha y hora
  El PP dispuesto, si es preciso, a revisar la ordenanza municipal para acabar con el conflicto de los bares especiales
 
 
O alcalde descarta convocar o órgano mediador da Ordenanza de Ruídos nun problema entre empresarios dos bares
18 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Para o alcalde de Ourense, ao contrario do que propugna o Grupo Municipal do Partido Popular, non procede convocar ao órgano de mediación que recoñece a Ordenanza de Ruídos e Vibracións desta cidade. Así llo fai saber o alcade o portavoz do Grupo do PP, dando resposta ao escrito presentado o pasado venres polo portavoz popular, Enrique Novoa, por Rexistro do Concello.
Na súa resposta, o alcalde lémbralle ao voceiro do PP que, tal e como se recolle na Disposición Adicional cuarta desta Ordenanza, o Concello promoveu no seu día a creación deste órgano de

mediación do que forman parte representantes da administración, dos empresarios e dos veciños “no que a súa misión será mediar nos conflictos que se deriven da aplicación da ordenanza de ruídos”. A convocatoria deste órgano mediador, sen capacidade executiva é potestativa do goberno municipal, sen que esté fixada ningunha periodicidade ou norma ao respecto, estará relacionada co previsto na Disposición Adicional cuarta da Ordenanza.

Neste senso, sinala Francisco Rodríguez, que "o goberno municipal entende que o conflicto entre determinados empresarios de bares especiais derívase de dilucidar a calificación de “bar” e “bar especial”, e non está relacionado con incumprimentos da Ordenanza de Ruídos e Vibracións que puideran ocasionar molestias ós veciños". Deste xeito, conclúe Francisco Rodríguez que "non existen conflictos derivados da aplicación da Ordenanza de Ruídos” que xustifiquen a convocatoria do órgano mediador”", polo que tal órgano non se convocará como pedían os populares.

 
Volver atras
Imprimir Página