Home  
 
 
 
 
  A Escola Municipal de Artes Escénicas, nas súas novas instalacións en San Francisco, amplía para o novo curso 2008/2009 a súa oferta de actividades formativas, destinadas a achegar a nenos e adultos ourensáns á interpretación e as artes escénicas en xeral. Ata o día 26 de setembro xa está aberto o prazo de inscrición na Concellería de Educación do Concello de Ourense. Dende o mes de outubro ata xuño desenvolveranse cursos anuais de Teatro para nenos, mozos e adultos, e Esgrima (para nenos maiores de 11 anos e adultos). Tamén se realizarán cursos intensivos de teatro para adultos, de tres meses de duración,  nos niveis de Iniciación e Perfeccionamento.
 
 
Aberto ata o día 26 deste mes o prazo para inscribirse nos cursos da Escola de Artes Escénicas do Concello de Ourense  
10 de SEPTIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A Escola Municipal de Artes Escénicas anuncia que amplía a súa oferta de cursos para este 2008/2009, así como que ata o 26 dese mes de setembro está aberto o prazo de inscrición para tomar parte en algunha destas actividades.

A de Iniciación ao Teatro é para nenos de 7 a 11 anos e de 11 a 14 con grupos diferenciados segundo idades. Ten como finalidade achegar aos participantes aos diferentes ámbitos do mundo do teatro, con clases de interpretación, mimo e expresión corporal, así como tomar contacto coa importancia e os usos da iluminación, o sonido, o espacio escénico, a voz, a coreografía ou a maquillaxe.

Esta actividade tamén se fará para mozos de 14 a 18 anos e adultos sen límite de idade máxima. Aquí os alumnos participarán en clases de historia de teatro, dirección, interpretación, posta en escea, dramaturxia, maquillaxe e deseño e confección de vestiario, coreografía e creación, adaptación e desenvolvemento de obras teatrais. Unha das principais asignaturas é Teatro de Rúa, xa que é a base dos estudios de teatro tanto para estudiantes que queren especializarse en interpretación como para aqueles que queiran formarse en dirección ou dramaturxia.

Así mesmo haberá tamén uncurso de Perfeccionamento de Teatro, dirixido ós alumnos que completaron o curso de iniciación ou que teñen experiencia  ou estudios de Arte Dramático, e está dividido en módulos para facilitar convalidacións e intercambios con outras escolas de teatro noutros países no futuro. Consta de 95 horas lectivas divididas en 5 módulos de clases, de 10 horas cada un e a montaxe e ensaios dunha obra teatral .

Este curso ofrece a oportunidade ós estudiantes que queren involucrarse e desenvolver un sentido da crítica do proceso analítico que está involucrado na transposición dun texto dramático nunha representación. Cada grupo explorará co apoio do profesorado as posibilidades da posta en escea dun texto dado, culminando nunha actuación.

Volver atras
Imprimir Página