Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia saca a licitación por 198.300 euros a redacción do proxecto de urbanización do Parque Tecnolóxico de Galicia situado en San Cibrao das Viñas. Este Parque contará cunha ampliación de 423.272 metros cadrados que sumados á súa superficie actual, dotará ó parque dunha extensión total de 973.272 metros cadrados, segundo informa o departamento de Teresa Taboas.
 
 
A licitación en casi 200.000 euros as obras de urbanización da ampliación do PTG de San Cibrao  
8 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Vivenda e Solo anuncia que, a partires deste venres, aparecen na web www.xesturourense.com as bases da licitación para a redacción do proxecto de urbanización do Parque Tecnolóxico de Galicia que se ubica en San Cibrao das Viñas.
O departamento de Teresa Taboas seleccionará entre 5 e 10 empresas que disporán de 10 días para presentar unha oferta económica. A partir de ahí, valoraranse as propostas para elexir á empresa adxudicataria. Esta disporá de catro meses máis  para realizar a redacción do proxecto. 

Na actualidade, recorda Vivenda e Solo, o Plan Parcial de ampliación do Parque Tecnolóxico de Galicia está en tramitación no Concello de Ourense. Na actualidade o Parque Tecnolóxico ten unha superficie de 550.000 metros cadrados, dos que se destinarán a uso industrial e comercial un total de 337.500 metros cadrados distribuídos en 75 parcelas. Trala ampliación que vai levar a cabo a Consellería de Vivenda e Solo, o Parque Tectnolóxico de Galicia terá unha superficie total de 973.272.

Volver atras
Imprimir Página