Home  
 
 
 
 
  O proxecto Auria Inserta, xestionado pola Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que responde á Estratexia Europea polo Emprego, iniciará as súas accións formativas o vindeiro mes de outubro. A este respecto, o Concello de Ourense anuncia que ata o 19 deste mes de setembro, xa está aberto o prazo de inscrición para os primeiros itinerarios informativos. Neste programa, o Concello de Ourense impartirá formación especializada para a atención a domicilio de dependentes ou para a instalación de placas de enerxía solar.
 
 
O Concello de Ourense pon a punto o "Auria Inserta" de integración laboral, que xa ten aberto o prazo de matrícula  
8 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Este proxecto, que proporcionará formación e práctica en empresas e prestará titorización sociolaboral ás persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral, está destinado a promover itinerarios laborais -formación máis emprego-, así como a posta en marcha do “Pacto Local polo emprego e a promoción económica” do Concello de Ourense.
O obxectivo destas accións formativas, segundo destaca o propio Concello de Ourense, "é incidir na mellora da inserción sociolaboral de colectivos con especiais dificultades, por medio dunha formación específica e dunha práctica laboral acorde coas necesidades do mercado de traballo".
A prioridade é articular un sistema de integración sociolaboral que permita favorecer o acceso a un posto de traballo e parados de larga duración, víctimas de violencia de xénero, inmigrantes e emigrantes retornados, así como a todos aqueles colectivos que, por cuestión social, cultural ou de xénero presenten dificultades de acceso no mercado laboral.

As persoas desempregadas que participen nos módulos de formación e práctica profesional previstos no proxecto, poderán ser beneficiarios de axudas ou becas por un importe de ata o 75% do IPREM, en función das súas características, a valorar por un equipo de xestión. De este modo, preténdese impulsar a actividade económica do concello e incrementar a tasa global de actividade, fomentando a creación de emprego estable e de calidade.

A formación e práctica laboral en servizos de atención a persoas depedentes constará de itinerarios formativos específicos: atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitario a persoas en institucións sociais, coidador de grandes dependentes e procesador de catering para persoas dependentes. No eido do medio natural e enerxías renovables, a formación específica consta de instalador de enerxía solar térmica e instalador de enerxía solar fotovoltaica e eólica. Os participantes no proxecto disporán dun servizo permanente de titorías individualizadas de orientación, información e asesoramento en temas sociais, laborais e de autoemprego; e a formación teórica compleméntase con prácticas en empresas cunha duración aproximada do 50% do total da acción formativa.

Os prazo para solicitar a participación nos primeiros itinerarios formativos -curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e curso de atención sociosanitaria a persoas en institucións sociais- estará aberto ata o 19 de setembro.
As persoas interesadas en participar nas accións formativas do proxecto deberán solicitalo por medio dun formulario de inscrición que atoparán nos locais do proxecto, nas diferentes unidades de traballo do concello, no centro de iniciativas empresariais ou na páxina web do concello www.ourense.es. Para máis información, contactar co equipo de xestión no teléfono 988269319, ou na dirección de correo electrónico auriainserta@ourense.es.

Volver atras
Imprimir Página