Home  
 
 
 
 
“Dada a situación actual do mercado, o turismo de saúde pode resultar un arma competitiva para o turismo de interior”. Con esta idea remataba a reunión desta mañá en Expourense do Comité Asesor de Termatalia, un órgano integrado por todos os axentes socioeconómicos vencellados ó termalismo en Galicia (turismo, saúde, traballo, hostalería, medicina, fisioterapia, comercio, etc.). A reunión foi presidida polo Director Xeral de Turismo, Rubén Lois.
 
 
 
O Comité Asesor da Termatalia cree que a situación actual do mercado pode favorecer o turismo de saúde
4 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Presidida polo director xeral de Turismo, Rubén C. Lois, o Comité Asesor da Termatalia celebrou a súa última reunión antes da celebración do certame propiamente dito. A esta reunión que se celebrou en Expourense asistiron representantes das Consellerías de Sanidade e da de Educación, de Turgalicia, da Tenencia de Alcaldía de Ourense, da Cámara de Comercio de Ourense, de Villas Termales, da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia, da Universidade de Vigo, da Confederación de Empresarios da Hostalería de Galicia, da Asociación de Sumilleres de Galicia, ademais de representantes de empresas privadas. Todos eles ratificaron o seu apoio á unica feira internacional do sector celebrada na Península.
Nesta reunión foilles presentada aos membros do Comité toda a información relativa á que será a oitava edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, que terá lugar en Expourense entre o 3 e o 5 de outubro vindeiros. Así, puideron coñecer todas as accións e misións comerciais organizadas para fomentar o negocio do sector.

Termatalia 2008 acollerá o III Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo que abordará o termalismo dende unha perspectiva non só turística senón tamén científica, sanitaria e da innovación. Comezará  día anterior á apertura oficial da feira, é dicir, o xoves 2 de outubro, cunha xornada adicada á Hidroloxía Médica.

Misións comerciais, Bolsa de Contratación, Bolsa de Emprego, Cata Internacional de Augas, Rutas Termais, Espazo Balneario e Área de Masaxes completan as actividades previstas para unha feira destinada, durante a xornada do venres, a promover o negocio termal entre os profesionais a nivel internacional e a fomentar, durante a fin de semana do 4 e 5 de outubro, entre o público xeral procedente de Galicia, Portugal e Comunidades limítrofes a Cultura da Auga.

Volver atras
Imprimir Página