Home  
 
 
 
 
  Achegar aos máis mozos o universo da música de cámara é o obxectivo marcado no programa educativo Sen Batuta,  "unha iniciativa pioneira na cidade que aspira a  socializar este estilo musical nos ourensáns", segundo destacou a Tenencia de alcaldía. Para iso, a Profesora Mercedes Lozano deseñou unhas fichas didácticas coas que traballar nas aulas e nas que se verán expostos autores e obras. O programa arrinca este xoves co Cuarteto Quiroga, e os concertos serán tódolos primeiros xoves de mes, agás o de xaneiro que pasará á segunda semana. Dende este mesmo xoves ata xuño do ano que ven.
 
 
Sen Batuta arrinca este xoves co Cuarteto Quiroga co obxectivo de achegar á mocidade a música de cámara
4 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   


Na presentación este mércores do programa de concertos Sen Batuta que organiza a Concelleria de Cultura e a Tenencia de alcaldía do Concello de Ourense, o Tenente alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, destacou a excelente calidade dos grupos participantes, nos que Galicia e mesmo Ourense contarán cunha ampla representación, e fixo fincapé no cosmopolitismo e o universal desta proposta. “Para o noso governo, dentro da acción cultura, ser cosmopolitas reinvindicando ao mesmo tempo o que é noso, é fundamental”.

Este ciclo convertirá a Ourense nun referente mundial no que a música de cámara se refire, polo que é unha “oportunidade de luxo” para que os seus cidadáns gocen dela, sinalou Sánchez Vidal. Tenente Alcalde e concelleira de Cultura animaron a todos a asistir a estas citas musicais. 

As entradas para os concertos, que arrincan este mesmo xoves coa actuación do Cuarteto Quiroga no Paraninfo do Instituto Pedrayo ás 20.30, poderán adquirirse no Auditorio (R/Canle nº 2) ou vía internet, a través do site www.servinova.com. Así mesmo, dúas horas antes do evento tamén estarán dispoñíbeis no propio lugar de celebración, neste caso o IES Otero Pedrayo. Segundo Tenencia de alcaldía, "coa ollada posta en que sexan moitos os ourensáns e visitantes que poidan gozar destas citas, optouse por unha política de entradas e abonos capaz de chegar a todos".  O prezo por entrada será de 6 euros, con descontos do 50% para usuarios de carné xove ou de estudante, así como xubilados. A entrada será de balde para menores de 18 anos. Así mesmo, existe tamén a posibilidade de adquirir abonos: 45 euros o completo (dez actuacións) e 24 euros o abono de meses pares ou impares.   

O ciclo Sen Batuta
é unha tempada regular que abarca todo o curso escolar, comezando en setembro e rematando en xuño de 2009, contempla dez citas, dez viaxes musicais de artistas laureados pola crítica e público e de sona internacional. No primeiro xoves de cada mes (agás xaneiro, que pasará á segunda semana) teremos a oportunidade de gozar con intérpretes que xa triunfaron nos grandes teatros de Munich, Salzburgo,  Viena, Londres, Nova Iorque, París  ou Barcelona. Estes músicos chegan agora a Ourense  cun repertorio que vai desde os anos do clasicismo ilustrado ata os nosos días.
 
Volver atras
Imprimir Página