Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente

 
  A capital ourensá acollerá os días 20, 21 e 22 do vindeiro mes de novembro a "III Xornada e Obradoiro práctico de Bioenxeñería". Os participantes  poderán asistir a unha xornada de aplicacións das técnicas no ámbito fluvial, un obradoiro para adquirir habilidade práctica en traballos de recuperación fluvial e unha excursión con visitas guiadas. O Concello de Ourense abre o prazo de inscrición nesta actividade.
 
 
Ábrese o prazo para inscribirse na "III Xornada e Obradoiro de Bioenxeñería" que se celebrará en Ourense en novembro  
4 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense e a Asociación Española de Ingeniería del Paisaje organizan a III Xornada e Obradoiro práctico de Bioenxeñería no ámbito fluvial, que terá lugar os vindeiros 20, 21 e 22 de novembro nesta cidade.
As xornadas están dirixidas a titulados de nivel superior ou medio con experiencia laboral, profesionais, proxectistas, funcionarios da Administración, ou profesores universitarios que desexen coñecer as posibilidades que ofrecen estas técnicas de restauración fluvial.

A xornada, que se celebrará o xoves, 20 de novembro, no Auditorio Municipal, mostrará as posibles aplicacións e limitacións destas técnicas no ámbito fluvial, para o que contará con especialistas europeos de Enxeñería Biolóxica.
Pola súa banda, o obradoiro facilitará a adquisición de habilidade práctica para supervisar e dirixir traballos de recuperación fluvial. Terá lugar o 21 e 22 de novembro no Paseo das Ninfas do Río Lonia.
Ademáis, con obxecto de verificar a brotación organizarase unha excursión guiada na primaveira do 2009, na que se visitarán outras intervencións da zona e se analizará a paisaxe do Miño e do Sil.

Os interesados poden inscribirse on-line, en www.aeip.org.es. O período de inscripción está aberto ata o 15 de novembro ou ata completar as prazas previstas. Para máis información, consultar a páxina do Concello www.ourense.es ou dirixirse á Concellería de Medio Ambiente.

Volver atras
Imprimir Página