Home  
 
 
 
 
  O Grupo do PSOE no Concello de Pereiro de Aguiar denuncia a tardanza coa que opera o Goberno e, en particular, o seu alcalde, o popular Eliseo Fernández. A denuncia xurde a raíz de que para o vindeiro pleno inclúese unha proposta do PsdeG-PSOE relativa a actividades de lecer para a época estival que está a piques de rematar, e os de César Grande decátanse de que o Concello perdeu garantías de obras, como as de Melias, sen facer uso das mesmas. Os sociaistas pensan que a situación e froito da despreocupación do rexedor municipal.
 
 
Os socialistas de Pereiro din que o Concello marcha con tanto retraso que ata as garantías das obras lle caducan  
4 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O portavoz do PSdeG-PSOE no municipio, César Grande, achaca á despreocupación do alcalde do Partido Popular, Eliseo Fernández Gómez, o retraso co que se xestionan os asuntos municipais e se leva a cabo o debate das mocións que presentan os grupos da oposición.
Explica o portavoz socialista que, a principios do mes de maio, os concelleiros do PSOE presentaron no rexistro do Concello unha moción na que instaban ao Grupo de Goberno Local a elaborar un programa de actividades de lecer  para o verán. Segundo explica Grande "esta moción debaterase no Pleno que se celebrará o vindeiro venres, 5 de setembro, cando xa está a piques de rematar a temporada estival". De xeito que agora os socialistas analizan a posibilidade, incluso, de soster a iniciativa pero xa de cara o verán do ano que ven.

"Esta é unha mostra máis do que vimos denunciando nos últimos meses, o desgoberno que existe en Pereiro e, o pouco que lle interesa ao alcalde ofrecer aos veciños e veciñas do municipio máis e mellores servizos que axuden a mellorar a súa calidade de vida", sinala o portavoz do PSOE, César Grande, mentras se recorda que non é o único asunto no que correron os plazos con perxuizo para o Concello.
Tal o caso das beirarrúas de Melias, asunto denunciado fai uns meses no Tribunal de Contas, e para o que os socialistas presentaron unha moción solicitando ao rexedor municipal que se correxiran os defectos. Con todo, "o prazo de garantía expirou o 31 de agosto e a moción aínda se debaterá o vindeiro venres".

O portavoz socialista pídelle a Eliseo Fernández, alcalde, "que se poña as pilas e actualice os asuntos municipais".

Volver atras
Imprimir Página