Home  
 
 
 
 
  O portavoz do PSdeG-PSOE, Manuel González Carvajal, acusa ao alcalde do BNG, Xurxo Rodríguez, de “non ter feito as xestións necesarias para tentar que a reforma da Casa Consistorial de Castrelo lle saíse gratis aos veciños”. Ás críticas verquidas contra os socialistas polo rexedor nacionalistas de Castrelo, resposta o portavoz do PSOE con unha dura acusación a Xurxo Méndez: "o alcalde do BNG prefire pactar cun cacique como Rogelio Martínez, en lugar de facelo co Partido Socialista". Sinala o portavoz do PSOE que Xurxo Méndez quere gobernar Castrelo de Miño como si o BNG tivera once concelleiros en vez dos tres que ten.
 
Noticias Relacionadas
  El BNG de Castrelo de Miño critica que el PSOE vote con el PP para rechazar una ayuda de 350.000 euros de Presidencia
 
 
O PSOE rebate as críticas do alcalde de Castrelo, e denuncia unha "estrana alianza" do alcalde do BNG con Rogelio Martínez  
3 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

"No pasado pleno ordinario, o Grupo Municipal Socialista votou en contra da reforma da Casa do Concello por considerar que o proxecto presentado polo grupo de Goberno non era o suficientemente ambicioso para a vila e porque foi un proxecto elaborado de xeito unilateral polo alcalde". Con esta afirmación rebate o portavoz do Grupo do PSOE no Concello de Castrelo de Miño as acusacións feitas polo rexedor do BNG, Xurxo Méndez.
Segundo o portavoz socialistas, a reforma da Casa Consistorial custaría ás arcas municipais 324.000 euros debido, segundo os socialistas, "á nula capacidade de xestión do alcalde quen non pediu a colaboración doutros organismos para que a reforma lle saíse gratis aos veciños e veciñas de Castrelo de Miño".

O portavoz do PSdeG-PSOE afirma que "a prepotencia,  a autosuficiencia e a deslealdade coa que actúa o alcalde nacionalista, fai que estea a gobernar en minoría". Rercórda González Carvajal que o BNG ten tres concelleiros en Castrelo de Miño, tantos como o PSOE, polo que "ninguén pode esquecer que Xurxo Rodríguez é alcalde grazas a que o Partido Socialista lle quitou, por unha resolución da Xunta Electoral Central de Madrid, a maioría absoluta ao Partido Popular". Sin embargo, segundo o portavoz socialista, "Xurxo Méndez quere gobernar Castrelo de Miño como si tivera once concelleiros".

Ó servizo de Rogelio Martínez

O portavoz do Grupo Municipal Socialista denuncia públicamente agora, que "Xurxo Rodríguez ten unha estrana alianza co Partido Popular e con Rogelio Martínez". Recorda ó respecto que o nacionalista pactou cos populares para designar aos representantes na Mancomunidade do Ribeiro, dirixir con Rogelio Martínez dita entidade, e acordar as directrices do GDR que decidirán as subvencións do Plan Leader na Comarca.

Os socialistas conclúen pedindo a Xurxo Rodríguez "que faga un exercicio de reflexión e humildade e, recorde que foi o Partido Socialista o que fixo unha aposta importante para mellorar as comunicacións do municipio con Ribadavia, coa autovía e con Cartelle e, quen fixo a nova ponte sobre o Río Miño".

Volver atras
Imprimir Página