Home  
 
 
 
 
  O programa Vai de Camiño 2008, organizado pola SA de Xestión do Plan Xacobeo da Consellaría de Innovación e Industria, adica esta semana ó Camiño Inglés e visita 9 vilas galegas. A Estrada é a única da Vía da Prata, e Paderne a única de Ourense do Camiño Inglés no que estará esta semana a programación de Vai de Camiño. Aquí chegará o sábado, día 6 de setembro.
 
 
Paderne é o único concello de Ourense que visita esta semana Vai de Camiño, que fai O Camiño Inglés  
2 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Paderne é o único municipio de Ourense polo que pasan esta semana as actuacións do programa Vai de Camiño 2008, entre a decena de vilas galegas polas que pasa a programación da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo. O programa percorre esta semana vilas do Camiño Inglés, e só A Estrada se atopa nas da Vía da Prata.

Precisamente a Paderne chega o sábado, 6 de setembro, a partires das sete da tarde, o grupo de baile tradicional "Os Trazantes de Tenorio". A actuación está prevista en San Pantaleón das Viñas.
Vai de Camiño aínda se prolongará outras tres semanas máis, xa que esta previsto que remate coeste mes de setembro. Das posibles modificacións que poidan xurdir na programación, así como para ampliar información ó respecto, pódese consultar a web do Xacobeo, www.xacobeo.es.

Volver atras
Imprimir Página