Home  
 
 
 
 
  O Consello da Xunta aprobou este xoves, a proposta da Consellería de Vivenda e Solo, o Proxecto Sectorial e o Proxecto de Obras Públicas do Parque empresarial de Nogueira de Ramuín, cunha superficie de 32.200 metros cadrados e 16 parcelas de uso empresarial. Agora a Consellería remitirá toda a documentación en relación co Parque ó Concello de Nogueira de Ramuín.
 
 
O Consello da Xunta aprobou este xoves o Proxecto do Parque de Nogueira de Ramuín de 32.200 metros cadrados e 16 parcelas  
29 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

Este Parque empresarial sitúase no termo municipal de Nogueira de Ramuín e contará cunha superficie total de 32.200 metros cadrados dos cales 21.200 metros cadrados serán de uso empresarial, 3.200 metros cadrados de zona verde, 1.600 metros cadrados destinados a equipamentos, 1.000 metros cadrados de uso dotacional e o resto para vías e aparcamentos.
Á superficie total do parque hai que sumarlle outros 1.200 metros cadrados para a construcción dunha rotonda de acceso desde a estrada comarcal 323. Este parque disporá de 16 parcelas destinadas a uso empresarial cunha superficie que  oscila entre 604 m2 e 2.895 m2.

Unha vez finalizada toda a tramitación administrativa, trámite que remata coa aprobación deste xoves polo Consello da Xunta do proxecto sectorial, a Consellería de Vivenda e Solo remitirá toda a documentación ao Concello de Nogueira de Ramuín, "cumprindo así o compromiso adquirido co goberno municipal", sinala o departamento de Teresa Taboas.

Volver atras
Imprimir Página