Neste contexto ubica Tabarés a súa pregunta e a importancia do proxecto de acondicionamento da estrada OU-302 no treito entre Ponte Liñares e a fronteira portuguesa, pasando por Calvos de Randín. Tal e como apunta o deputado nacionalista, a execución deste proxecto non só afecta aos tres concellos que atravesa a estrada –Porqueira, Muíños e Calvos de Randín- “senón que atinxe directamente á veciñanza de toda a comarca e indirectamente a máis poboación”.
Este proxecto consistía no acondicionamento do firme, a sinalización e balizamento da estrada e a ampliación da plataforma e ten como obxectivo aumentar a súa capacidade e a circulación pola vía en condicións de seguranza.
Sendo asi, Tabarés lamenta que, “actualmente, e estando en servizo, sendo utilizada por un número importante de persoas, a ausencia de sinalización impide conquerir os obxectivos plantexados no proxecto e constitúe, sobre todo, un grave perigo para as persoas que utilizan esta vía”.
Os traballos de mellora realizados, tal e como apunta o parlamentar, “non son eficaces se non van acompañadas da necesaria sinalización, elemento imprescindíbel para a seguranza viaria”.
Esta mesma situación dáse, tal e como revela Tabarés, na estrada que conecta esta vía coa localidade de Randín, a OU-303 que, malia ter experimentado unha importante mellora no seu firme e plataforma, “carece de sinalización horizontal e vertical acaída”.
Tabarés pregunta tamén pola data prevista para dotar de sinalización horizontal e vertical á estrada que conecta a OU-302 coa localidade de Randín.
|