Home  
 
 
 
 
"Satisfacción co acordo, aínda que o considera insuficente". Esa é a valoración que ven de facer Tenencia de alcaldía do Concello de Ourense, do acordo verbal acadado na mañá deste venres polo alcalde da cidade, o socialista Francisco Rodríguez, el os responsables de Flager. Nun comunicado emitido na tarde deste venres pola Tenencia de alcaldía, Alex Sánchez Vidal destaca, así a todo, que con este acordo "a zona quedará desbloqueda en termos urbanísticos despois de seis meses de paralización e calquer posible cuestión legal queda, tamén, solventada". 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
O BNG valora o acordo acadado con Flager polo alcalde de Ourense con un sí, pero
9 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

O voceiro do BNG e Concelleiro de Infraestruturas, Andrés García Mata, quixo apuntar que, si ben no momento no que os tribunais non aceptaron a impugnación do convenio entre FLAGER e o anterior governo municipal o PXOM aínda estaba en vigor, agora non é así, polo que se podería ter desenvolvido unha  negociación moito mais importante. O convenio hoxe presentando indica que “quedámonos rabuñando unhas faragullas cando se podería ter aproveitado a coxuntura para acadar un novo modelo de desenvolvemento urbanístico para esas 17 hectáreas do centro da cidade”.
“Desaproveitamos unha ocasión histórica para a cidade de Ourense, para mudar o modelo de construcción masiva e apostar por un desenvolvemento urbanístico máis humán” apuntou pola súa banda o Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal.
Segundo o García Mata, o convenio en realidade “non aporta grandes novidades en materia de dotacións públicas”, nin presenta proxectos salientábeis máis aló dos xa previstos no convenio orixinal. Ademais, indicou o edil nacionalista,  dado o volumen de negocio que implica a xestión da finca, a cantidade que supón este convenio é moi pequena.  “En xeral, está por debaixo das expectativas”. 

Desde o Bloque Nacionalista Galego mántense a petición dunha redución da superficie comercial en pro das necesidades sociais da cidade; priorizando o pequeño comercial local fronte os grandes grupos. Así mesmo, en materia de  vivenda de promoción pública, o aumento de cincuenta residencias (finalmente serán 250) considerase insuficiente. Podería terse acadado un aumento maior e con maior celeridade se, tal e como indicou o BNG no seu momento, se tivera acudido a nova Lei do Solo, que prevé unha reserva do 40% para este tipo de edificacións.  A conversión de vivenda libre a vivenda protexida e se cadra, aínda máis necesaria e demanda desde as promotoras na conxuntura económica na que se atopa o Estado neste momento.

Sánchez Vidal advirte tamén que aínda esta pendente a definición económica e de usos de 7000 metros cadrados destinados a actividades deportivas e 4000 metros cadrados de carácter cultural; todos eles previstos no convenio orixinal. O grupo municipal do BNG discutirá a cuestión na vindeira Xunta de Goberno e confía en que o documento hoxe anunciado non incida na dotación económica que precisan estas zonas. Estas futuras instalacións, deportivas e culturais, son responsabilidade da Tenencia de Alcaldía, un compromiso electoral do BNG e tamén unha necesidade indiscutíbel para a cidade de Ourense.

Volver atras
Imprimir Página