Home  
 
 
 
 
  Xa está aberto o prazo para a inscrición nos obradoiros de Iniciación á Informática e Iniciación a Internet que, organizados dende o Concello de Ourense, se levarán a cabo no Centro de Iniciativas desta cidade. Só hai seis prazas que, segundo anuncia Tenencia de Alcaldía, adxudicaranse por orde de inscrición.
 
 
Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de Iniciación á Informática e a Internet do Concello de Ourense
7 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Centro de Iniciativas acollerá ao longo deste mes de agosto unha serie de obradoiros de informática que desenrolarará Tenencia de Alcaldía en colaboración coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e a Sociedade da Información. Dous deles son os de Iniciación á Informática e a Internet, que se vai desenrolar xa neste mes de agosto.
O primeiro, de Informática, desenrolarase os luns, mércores e venres de 11:30 a 13:30, mentras que o de Iniciación á Internet será de 9:00 a 11:00 da mañán tamén dos luns,

mércores e venres.

Trátase de obradoiros para desenvolverse en cada unha das materias dun xeito básico e esencial e hai só seis prazas si ben se anuncia que se poderán facer máis grupos coa xente que quede na lista de espera. Segundo Tenencia de Alcaldía, as prazas adxudicaranse segundo a orde de inscrición.

 
Volver atras
Imprimir Página