Home  
 
 
 
 
  O Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro ven de convocar o IV concurso de ideas para seleccionar a imaxe publicitaria. A proposta que resulte gañadora do concurso, que será premiada con 9.000 euros, empregarase para publicitar a calidade e promocionar o consumo dos viños da D.O. Ribeiro nos distintos medios impresos.
 
 
O Consello de O Ribeiro busca unha nova imaxe publicitaria para a Denominación, que premiará con 9.000 euros
4 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro busca novas ideas para potenciar os viños da zona, así como para espallar a imaxe de O Ribeiro. Para esto, o Consello ven de convocar un concurso de ideas completamente aberto, o mesmo a particulares que a empresas do ramo, con un premio a imaxe e o cartel que resulten gañadores de 9.000 euros (1,5 millóns das vellas pesetas).
As bases do concurso traen algunhas modificacións con respecto a anos anteriores. Estes cambios afectan á data de entrega dos orixinais, que será ata o

día 5 de setembro de 2008, e ao importe total do premio do gañador, que se incrementou.

O Consello de O Ribeiro sinala ao respecto que "busca un cartel que reflexe a situación actual dos viños da D.O. Ribeiro e un eslogan memorizable e que se asocie perfectamente ao producto". No concurso, como queda dito, poderán participar axencias de publicidade e creativos de calqueira nacionalidade.
O Consello facilita máis información ao respecto na súa propia sede, na rúa Salgado Moscoso, 11, de Ribadavia, ou chamando ao teléfono 988 477 200.

 
Volver atras
Imprimir Página