|
|
 |
| |
Alfredo Suárez Canal |
| |
| |
Un home de 39 anos, veciño do Concello de Larouco, de cuxa identidad tan só trascenden oficialmente as iniciais, J.L.A.P., foi detido nas últimas horas pola Garda Civil acusado de ser o autor de catro lumes que foron provocados durante a pasada noite en montes do Concello de A Veiga. Segundo os datos da investigación policial, que corrobora a Consellería de Medio Rural, o detido traballa como persoal de reforzo de verán no dispositivo de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galicia, aínda que outras fontes consultadas por Ourense Dixital indican que dito traballador perteñece a empresa privada SEAGA, S.A. O detido foi trasladado ao Xulgado de O Barco de Valdeorras logo de prestar declaración nas dependencias da Garda Civil de A Rúa. |
| |
| |
|
|
| Detido en Ourense un traballador de reforzo da loita contra o lume, posiblemente de SEAGA, como presunto autor de catro lumes |
 |
| 25 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL |
 |
Un home de 39 anos, natural do Concello de A Veiga, aínda que veciño do de Larouco, foi detido nas últimas horas pola Garda Civil como presunto autor de catro focos de lume que se produciron a partires das 12 da pasada noite en montes de A Veiga, concretamente montes dos veciños de Corzos, Prado, Espiño e Baños. O detido foi interrogado nas dependencias da Garda Civil de A Rúa, e logo pasou a disposición do Xulgado de O Barco de Valdeorras que pasa a levar o caso.
Segundo as primeiras investigacións que facilita Medio Rural da Xunta de Galicia, "o suposto incendiario contaba con experiencia na extinción de incendios xa que, durante varias campañas, formou parte da brigada do Concello de A Veiga", precisamente.
Medio Rural concreta, ademais, que o detido "traballa como persoal de reforzo de verán no dispositivo de prevención e extinción de incendios da Xuna de Galiza", no que ocuparía, sempre segundo Medio Rural, un posto de vixilante móbil na zona de O Barco de Valdeorras, "aínda que no momento da súa detención se atopaba de libranza".
A este respecto, fontes consultadas por OuD sinalan que o detido estaba contratado por SEAGA, S.A., empresa (pública, segundo Medio Rural) que asume nesta campaña o peso principal do persoal de reforzo da presente campaña de extinción de incendios forestais en Galiza.
Na información difundida pola Consellería de Medio Rural, o departamento de Suárez Canal incide especialmente na "eficacia no labor das forzas e corpos de seguridade, que permitiu deter a unha persoa que, presuntamente, pretendía facer dano ao País provocando incendios de forma intencionada en lugares de difícil acceso e durante a noite".
Anuncia Medio Rural que prevé persoarse no proceso xudicial que se abrirá, sempre e cando a autoridade xudicial decida imputar ao agora detido. Deste xeito, sinala a Consellería de Suárez Canal, búscase que "ademais das consecuencias penais que se deriven da súa actuación, teña que correr cos cuantiosos gastos que supoñen as tarefas de extinción".
|
|
 |
 |
 |
| |
O caso da detención do veciño de Larouco son catro lumes de facto e un máis que está de camiño. Os traballadores da Xunta de Galicia -o mesmo da fixos que fixos-discontinuos- siguen a estar moi queimados coas maniobras dos de Suárez Canal. Chega con botarlle unha ollada a este enlace: http://www.apropiga.org/FORO/phpBB2/viewtopic.php?t=1439
Certamente en ningún momento se menciona á SEAGA, só se di "persoal de reforzo de verán", o que certamente pode levar a pensar no persoal de sempre, no de toda a vida. Tamén naquel de cando gobernou o PP e Suárez Canal tanta oposición facía.
Pero certamente compre admitir que a Consellería no fai senón operar con coherencia, xa que SEAGA para os de Suárez Canal non é unha empresa privada senón pública é decir, a meriande parte do presente e seguro que moi pronto a totalidade do futuro do persoal de extinción dos sinistros forestais.
Cando a Consellería se desfai en parabéns ás forzas de seguridade, tamén se está ante outra sinal de coherencia dun conselleiro que en canto cambiou a oposición polo goberno empezou a ser amigo do Exército. Nada novo, pois. |
|
 |
 |
|
|
 |
|
 |
 |
|
| |
 |
|
|