Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA  
 

Manuel Vázquez Fernández, conselleiro de Medio Ambiente

 
  Na súa reunión deste xoves, o Consello da Xunta vende autorizar o convenio entre o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería para a construcción do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia que se ubicará en Ourense. O proxecto "nace coa vocación de converterse no centro de referencia dos parques naturais de Galicia", sinala a Xunta, e estará destinado á difusión e divulgación do coñecemento de cada uno dos parques existentes. O edificio está situado nas inmediación en Quintela, preto do río Miño, e o investimento conxunto previsto é de 8,5 millóns de euros.
 
 
A Xunta autoriza o Centro de Interpretación dos Parques Naturais en Ourense, cun investimento de 8,5 millóns de euros
4 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Consello da Xunta autorizou este xoves o convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para a construcción do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia, que estará situado en Ourense. O convenio entre o ministerio e a consellería suporá un investimento conxunto de 8,5 millóns de euros.
O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é que este sexa o centro de referencia dos parques naturais de Galicia, e estará ademais ubicado en Ourense, que é a provincia que conta con maior número de parques, tres dos seis existentes.

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño investirá 7 millóns de euros distribuídos en tres anualidades, entre 2008 e 2010; mentres que  o departamento que dirixe Manuel Vázquez investirá 1,5 millóns entre 2008 e 2011, cofinanciados con fondos Feder. A achega da Consellería de Medio Ambiente estará destinada ao equipamento museístico do centro  así como á redacción do proxecto para realizar este equipamento, mentres que o aporte do ministerio ten por obxecto financiar a construcción do edificio.

Divulgación

O Centro de Interpretación de Parques Naturais de Galicia estará destinado á difusión e divulgación do coñecemento sobre a rede de parques naturais galegos, constituída  na actualidade por:

Baixa Limia-Serra do Xurés (Ourense)
Corrubedo (A Coruña)
Fragas do Eume (A Coruña)
Enciña da Lastra (Ourense)
Monte Aloia (Pontevedra)
Montes do Invernadeiro (Ourense)

A Consellería de Medio Ambiente ten previsto ampliar os parques naturais galegos coa incorporación do Macizo Central e Pena Trevinca (Ourense) e Ancares e O Courel (Lugo).

Proxecto

O obxectivo do proxecto é contar cun centro que permita  achegar á cidadanía, por vez primeira, todos os valores, compoñentes naturais, diversos hábitats e ecosistemas, especies de flora e fauna, endemismos, rarezas e singularidades de todo tipo que coexisten nestes territorios e toda a información existente sobre os espazos máis senlleiros da natureza galega, como son os parques naturais.

O centro estará situado en Quintela, no entorno do río Miño, nuns terreos cuxa expropiación será aprobada neste mesmo mes polo Concello de Ourense.  O proxecto plantexa a construcción dun edificio nunha soa planta de 2.180 metros cadrados con outros 800 metros cadrados para aparcamento e urbanización, polo que estamos a falar dunha superficie total de intervención de 3.000 metros cadrados.
O edificio disporá de seis salas de interpretación separadas para cada un dos seis parques naturais galegos, ademais de  auditorio, tenda verde, oficinas administrativas, garaxe e amplos aparcamentos e xardíns.

Cada unha das salas dedicadas aos parques naturais servirá tamén para tratar e difundir aspectos singulares e particulares das paisaxes e do medio natural galego, na procura do entendemento pola poboación local de cómo e de qué xeito coexisten e interactúan os distintos elementos que compoñen e conforman a naturaleza galega, a  biodiversidade, o funcionamento dos ecosistemas e saber cómo xorden tantas e tan diferentes paisaxes.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página