Home  
 
 
 
 
  As rúas Río Támega, Río Sil, Río Bibei, Río Arenteiro e Río Avia contarán nun prazo de cinco meses con novas redes de abastecemento e saneamento, ao aduxicar a Xunta de Goberno do Concello de Ourense as obras precisas para estas melloras con un orzamento de 251.000 euros. A Xunta de Goberno autorizou tamén na súa reunión semanal deste xoves, a apertura de 18 novos negocios na cidade ao otorgarlles as correspondentes licencias de apertura.
 
 
A Xunta de Goberno do Concello aprobou o proxecto para renovar o abastecemento e o saneamento en cinco rúas da cidade  
4 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou na sua reunión semanal deste xoves, o proxecto de renovación dos servicios de abastecemento e saneamento en cinco rúas da cidade por valor de 251.000 euros, cun prazo de execución que será de cinco meses dende a adxudicación da obra.
Concretamente, estas obras de mellora do abastecemento e saneamento beneficiarán ás rúas Río Támega, Río Sil, Río Bibei, Río Arenteiro e Río Avia. As obras consistirán na colocación de 900 metros de tubería de 315 mm, así como 160 metros de tubería de 400mm para saneamento.
Asimesmo, este proxecto permitirá a renovación de 62 acometidas de alcantarillado e 99 de abastecemento existentes, afectadas pola renovación das conduccións citadas.

Por outra parte, a Xunta de Goberno local tamén procedeu a dar curso a 18 licencias para a apertura de outros tantos negocios na cidade –fundamentalmente adicadas a actividades mercantís-.

Finalmente, entre os acordos da Xunta de Goberno figura a autorización para a compra dun furgón para a Policía Local, adicado á función de Atestados.


Volver atras
Imprimir Página