Home  
 
 
 
 
Entre os días 15 e 18 deste mes de xullo celébrase outra edición das Noites Teatrais de Vilamarín, que este xoves presentou o alcalde deste Concello, Amador Vázquez, entre outras actividades programadas para este verán.
 
 
 
Do 15 ao 18 de xullo celébrase outra edición das Noites Teatrais de Vilamarín
4 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Vilamarin, Amador Vázquez, presidiu a presentación da XXI edición das Noites Teatrais de Vilamarin, que se celebrarán no Auditorio Municipal os días 15, 16, 17 e 18 deste mes de xullo, en sesións únicas ás 22:30 horas.
 
Tamén foron presentadas as distintas actividades programadas para o verán, entre as que se inclúen xornadas infantis na escola de equitación, un campus deportivo rural, unha gala de maxia, o festival “Ruxir e rebulir das meigas” , unha carreira popular e varias excursións programadas para os veciños.
 
Programa que se completará con actividades específicas nas piscinas municipais e no gimnasio municipal, segundo informan os responsables municipais do Concello de Vilamarín.

Volver atras
Imprimir Página