Sesenta nenos ourensáns de entre 8 e 15 anos de idade participan dende este mércores, día 2 de xullo, ata o venres, 11, no Campamento de Verán 2008 que organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense. Os rapaces saíron na mañá deste mércores da Praza Maior con destino ó campamento, no Concello de A Veiga (Pena Trevinca)
O campamento é gratuíto e ten como finalidade facilitar que os nenos de familias usuarias da Concellería de Benestar Social podan disfrutar duns días de lecer e disfrute nun entorno axeitado, e realizar diferentes actividades de carácter lúdico e formativo, acompañados por un equipo de 20 monitores.
Entre estas, participarán en obradoiros de ornitoloxía, risoterapia, inglés lúdico, fotografía, reciclaxe e manualidades, unha visita a unha explotación gandeira, unha viaxe en catamarán, excursións a pobos cercanos, sendeirismo “A Veiga-Curra” e deportes. |
 |