Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Educación abre o prazo de presentación de propostas para impartir cursos no programa formativo para adultos “Universidade Popular 2008/2009”. O prazo de presentación de propostas é de 15 días, e ábrese coeste primeiro de xullo. No pasado curso ofertáronse 33 actividades nas que participaron máis de 750 alumnos.
 
 
Este primeiro de xullo ábrese o prazo de presentación de propostas para o curso 2008-2009 da Universidade Popular
1 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Educación do Concello de Ourense abre dende este martes, día 1 de xullo, ata o martes, 15 de xullo, o prazo para presentar propostas para impartir cursos e actividades formativas dentro do programa Universidade Popular do Concello de Ourense para o curso 2008-2009.

Tódolos interesados poden presentar as súas propostas, a través do Rexistro Xeral do Concello, adxuntando Curriculum Vitae e Proxecto do curso a impartir, ou recibir máis información na Concellería de Educación do Concello de

Ourense, na rúa Ervedelo, número 2, 1º, teléfono 988 510802.

A Universidade Popular do Concello de Ourense é un programa formativo para adultos que no último curso 2007/2008 ofertou un total de 33 actividades, entre cursos e obradoiros, que contaron coa participación de 765 alumnos.

 
Volver atras
Imprimir Página