A Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ourense, dependente directamente da Concellería de Participación Cidadá, pecha o mes de xuño con un balance de actividade considerable. Segundo informa o propio Concello de Ourense, a Oficina prestou axuda e asesoramente a 725 ourensáns que lle demandaron algún tipo de servicio.
A maior parte das atencións dispensadas foron de carácter presencial (361), realizadas polos cidadáns nas propias oficinas do servicio municipal, sitas na Praza de Santa Eufemia, número 6, baixo (esquina coa rúa Arcediagos). A Oficina prestou atención telefónica en 153 casos, a través do número 988 392909, e telemática en 211, mediante a páxina web do Concello www.ourense.es.
En relación cos meses anteriores, no mes de xuño aumentou notablemente o número de cidadáns que se achegaron físicamente ata á oficina municipal (361 fronte a 174 no anterior mes de maio), e tamén aumentou o número de consultas telefónicas. En canto á atención telemática, ainda que baixou o número de solicitudes de acceso á carpeta cidadá, aumentaron as consultas realizadas por esta vía.
En canto ó contido das consultas atendidas (532), as máis frecuentes trataban acerca de tributos municipais, o programa das Festas de Ourense, os trámites necesarios para ser usuario do servicio de préstamo de bicicletas ou a forma de acceso á carpeta cidadá, así como consultas sobre ubicación de diferentes dependencias municipais ou a documentación necesaria para realizar obras menores, entre outras.
A Oficina de Atención ó Cidadán é un servicio dependente da Concellería de Participación Cidadá, que ten como finalidade facilitar ós veciños información e asesoramento sobre os diferentes servicios municipais ó tempo que recibir as súas queixas e suxestións. A Oficina presta atención presencial nas súas oficinas en Praza de Santa Eufemia, 6, baixo (esquina rúa Arcediagos), telefónica, a través do número 988 392909 (fax: 988 227541), e telemática, mediante a páxina web do Concello: www.ourense.es O horario de Atención ó público é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
|