Home  
 
 
 
 
  Este luns deron comezo as "Mañás de verán", outra actividade lúdico-educativa de Amencer que se desenrolará ata o venres, 11 de xullo, nas instalacións do Colexio Salesiano da capital ourensá. Segundo Amencer, os obxectivos para este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos participantes, propiciar a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do colexio fora do horario escolar.
 
 
Deron comezo este luns as "Mañás de verán" de Amencer, que se prolongarán na capital ourensá ata o 11 deste mes de xullo
1 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Dende o luns 30 de xuño ata o venres 11 de xullo, a Asociación Xuvenil Amencer,  leva a cabo a actividade de verán denominada ”Mañás de verán”, que ten como destinatarios rapaces dende os 4 ate os 11 anos de idade. Será nas instalacións do colexio Salesiano de Ourense.
Segundo Amencer, este proxecto xurde "como resposta ante a necesidade vista dende o propio centro educativo de que os rapaces e rapazas destas idades tiveran unha oportunidade de ocupar o seu tempo libre dunha maneira lúdica e educativa, agora que remataron as

clases e dispoñen de máis tempo libre pola mañá". Ademais de empregar os recursos en canto a infraestructuras que o propio colexio salesiano pode ofrecer máis aló das aulas durante o curso. 
Os obxectivos que se marca Amencer con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos participantes, propiciar a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do colexio fora do horario escolar.
 
Volver atras
Imprimir Página