Home  
 
 
 
 
A polémica está asegurada no vindeiro pleno do Concello de San Cibrao das Viñas. O portavoz socialista anuncia que porá a debate as condicións que presenta a Urbanización de Fonteboa, unha construcción de 69 vivendas en terreos que eran da alcaldesa e do seu marido, vendidos con publicidade enganosa e aos que a Xunta de Goberno do Concello lles deu licencia de ocupación aínda que non teñen permiso para instalarlles gas butano ou natural. De ahí o acordo do goberno municipal de San Cibrao polo que se obriga aos propietarios a empregar só enerxía eléctrica.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Elisa Nogueira Méndez, alcaldesa de San Cibrao
O Concello de San Cibrao dalle licencia de ocupación a 69 novas vivendas condicionada ao uso só de enerxía eléctrica
1 de JULIO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Grupo Municipal de San Cibrao das Viñas defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción reclamando máis e mellores accesos e equipamentos sociais para a Urbanización de Fonteboa, xa que o portavoz do Grupo Socialista, Eladio Fernández Vázquez, denuncia que "a urbanización Fonteboa construíuse amparada  por un PXOM que pon a bo recaudo as fincas da alcaldesa, Elisa Nogueira, do Partido Popular". Segundo o primeiro concelleiro da oposición, "esta urbanización construíuse nuns terreos que eran da señora alcaldesa e do seu marido".

Pero isto non é o máis grave do asunto aínda non esto, senón que  "moitos dos compradores das vivendas desta urbanización están vendo cómo foron enganados polos promotores en canto a urbanización carece dos servizos mínimos imprescindibles para vivir", sinala Eladio Fernández. Dende o Partido Socialista en San Cibrao das Viñas denunciase "a falla de equipamentos deportivos, a falla de parques infantís, déficit nos accesos á urbanización dende a N-525, rúas mal pavimentadas, nula sinalización, falla de equipamentos públicos como papeleiras ou bancos, ausencia de transporte público e problemas de potabilidade na auga".

Para colmo, segundo Eladio Fernández, na última Xunta de Goberno Local de San Cibrao aprobouse a licenza de ocupación  para 69 vivendas de dita urbanización, "coa salvedade de que non se autorizou o gas butano nen natural por non dispoñer da ventilación adecuada", sinala o concelleiro socialista. Segundo o portavoz socialista, a promoción destas vivendas foi fraudulenta, "amosábanse fotos dunha urbanización con piscina e suntuosos xardíns. Fotos deste tipo empregáronse para enganar a compradores que, pasados dous anos, danse conta de que se guiaron por publicidade enganosa".
Por todo elo, o Grupo Municipal Socialista solicita ao Grupo de Goberno que explique, de xeito detallado, o acordo da xunta de Goberno onde se obriga aos propietarios a empregar só enerxía eléctrica e, que a alcaldesa esixa ao promotor a obrigación de cumprir co prometido e constrúa a piscina e os xardíns.

Volver atras
Imprimir Página