Home  
 
 
 
 
A recente modificación da Lei de Bases de Réxime Local obriga, e os munícipes de Ourense terán que "colgar" na web do Concello as súas declaracións de bens e actividades. Deste xeito, tales poderán ser consultadas na segunda quincena do mes de xullo, segundo informa o Concello de Ourense. Así a todo contemplanse excepcións, xa que os concelleiros que sentan ameazada a súa seguridade pola publicación das súas declaracións na web, poderán presentalas nos rexistros da Deputación Provincial de Ourense ou da Xunta de Galicia e quedarán a cuberto da exposición ao público supón internet.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
A mediados de xullo os concelleiros de Ourense "colgarán" na web do Concello as súas declaracións de bens e actividades
30 de JUNIO de 2008: OURENSE DIXITAL

Trala recente modificación da Lei de Bases de Réxime Local que obriga a corporativos e persoal directivo municipal a publicar anualmente as súas declaracións de bens e actividades, a Comisión de Pleno do Concello de Ourense creou un grupo de traballo que se encargou de preparar unha modificación do Regulamento Orgánico do Concello que incorporase esta obriga.
A proposta de modificación foi ditaminada favorablemente contando cos votos favorables de PSdeG-PSOE e BNG e reserva de voto para Pleno do PP, e establece que os corporativos e persoal directivo do Concello deberán presentar anualmente as súas declaracións de bens e actividades nun prazo que coincidirá co de presentación do imposto sobre a renda, e que as as declaracións publicaranse cada ano durante a segunda quincena do mes de xullo na páxina web do Concello.
Neste caso, e de acordo co previsto na propia modificación da Lei de Bases de Réxime Local, os corporativos que sentan ameazada a súa seguridade pola publicación das súas declaracións na páxina web, estarán exentos desta obriga si presentan tamén ditas declaracións nos rexistros da Deputación Provincial de Ourense ou da Xunta de Galicia.

Excepcionalmente, e para dar cumprimento á obriga de presentar e facer públicas as declaracións correspondentes ó presente ano 2008, e dado que xa está a rematar o prazo de presentación do imposto sobre a renda, as declaracións de 2008 presentaranse no prazo de un mes a partir da entrada en vigor da modificación do Regulamento e publicaranse na segunda quincena do mes posterior.

A modificación do Regulamento será presentada a aprobación inicial no pleno do mes de xullo, abríndose a continuación un período de exposición pública previo á súa aprobación definitiva.
A modificación do Regulamento Orgánico do Concello inclue tamén un segundo apartado, no que incorpora o acordo adoptado polo Pleno para que a orde do día das xuntas de goberno local sexa facilitada ós tres grupos políticos municipais, incluido o grupo do PP, que non forma parte da mesma.

Volver atras
Imprimir Página