Motivos estrictamente políticos levan ao alcalde de Calvos de Randín, o socialista Aquilino Valencia Salgado, a ter paralizada unha licencia de apertura e obras a dous xoves agricultores deste concello, segundo denuncia o Grupo dos Non Adscritos de Calvos. Segundo a denuncia, os solicitantes siguen agardando despois de que se cumprira un ano de que dita licencia foi debidamente feita por Rexistro Xeral do Concello, ademais de contar os propoñentes cos informes favorables de Urbanismo, Medio Rural e Medio Ambiente.
Refiren os Non Adscritos de Calvos de Randín, que con data 26 de maio de 2008 os solicitantes da licencia presentaron nas oficinas municipais un anexo con documentación complementaria para enviar a delegación provincial de medio ambiente. Debido a tardanza en recibir reposta da delegación puxeronse en contacto ca mesma, en donde lles confirmaron que non recibiran nada dende o Concello de Calvos "e que parecia que nos estaban a tomar o pelo".
Segundo o Grupo dos Non Adscritos, "dende o concello confirmaron que os informes técnicos e xuridicos xa foran realizados fai un més e que agora toda a documentación estaba en máns do alcalde", o que fai que este Grupo descargue toda a responsabilidade do asunto en Aquilino Valencia.
"Con esta actitude o alcalde segue a demostrar o carácter dictatorial e caciquil que preside tódalas súas actuacións como responsable da institución", sinalan os concelleiros oposición en Calvos. Segundo Sandra Rodríguez, o alcalde "fala da importancia de fixar poboación no rural, pero os seus actos son totalmente contrarios as súas palabras". O Grupo dos Non Adscritos sosten que "non existe ningún motivo legal que xustifique que non se envíe a documentación a delegación , o único interés que move a esta persoa é a vinganza e represalia persoal por motivos políticos".
|