Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Francisco Rodríguez

 
  A lectura que o alcalde de Ourense fai das declaracións da ministra de Fomento é que "ratifican o compromiso do Goberno con Ourense". O rexedor municipal entende que esto se ve claramente ao admitir que o feito de dar cumplimento as demandas plantexadas pola capital ourensá, son a única mellora de importancia feita sobre o trazado inicial do AVE.
 
 
Rodríguez destaca e agradece a "discriminación positiva" que Madrid fixo para Ourense no AVE  
27 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, sinalou este xoves que as declaracións da ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, feitas este pasado mércores no Congreso “ratifican o compromiso do Goberno con Ourense”, xa que admiten que a única mellora de importancia sobre o deseño orixinal da rede de AVE en Galicia foi “en cumplimento da demanda de Ourense dunha integración racional e que permita eliminar o trazado do ferrocarril convencional”.

Neste sentido, o alcalde de Ourense lembrou as xestións que realizou a principios de ano con Fomento e coa dirección de Adif, que culminaron co compromiso de elaboración dun novo trazado exterior para o AVE en Ourense -actualmente en fase de información ambiental- e agradeceu “a discriminación positiva que supuxo para Ourense o replanteamento do proxecto inicial, coa conseguinte inversión de 250 millóns de euros na cidade”.

Francisco Rodríguez  apostou pola colaboración activa entre administracións e pola esixencia atenta do cumplimento dos plazos como mellor garantía para materializar o compromiso existente, avalado polo presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e pola ministra de Fomento, para que o AVE chegue a Ourense no entorno do 2012.

Volver atras
Imprimir Página