Home  
 
 
 
 
O Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro calificou a colleita do ano 2007 como "excelente" na sesión ordinaria do pleno que tivo lugar este luns na sede do Consello Regulador. Este resultado obtívose tomando como base os informes técnicos obtidos das cualificacións organolépticas que se realizan periodicamente na sede do Consello Regulador
 
 
 
O Consello cualifica a colleita do 2007 de Ribeiro como "excelente", e data a Feira nos días 4, 5 e 6 de xullo
17 de JUNIO de 2008: OURENSE DIXITAL

A colleita do 2007 de Ribeiro é "excelente". Así a calificou o Consello aténdose aos informes técnicos das cualificacións organolépticas realizadas periódicamente, o que certificou o pleno do Consello deste luns.
O pleno tamén procedeu a aprobar as novas normas de pago das liquidacións de exaccións parafiscais para os adegueiros.

Ademais, o presidente do CRDO Ribeiro, Luis Anxo Rodríguez, informou aos distintos membros do pleno de toda a información acerca da XLV Feira do Viño do Ribeiro. A Feria deste 2008 terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo. O presidente tamén lles deu conta das actividades relacionadas coa Feira, que se celebrarán en días previos ao evento, tales como xornadas técnicas ou a visita de periodistas especializados.
As xornadas técnicas terán lugar o día 2 de xullo da man de Fernando Martínez de Toda, catedrático de Viticultura da Universidade de La Rioja, Juan Pan Montojo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid e de Antonio Salgado, xefe da Unidade de Xestión do Coñecemento do Instituto de Investigación do Hospital Valle Herbón de Barcelona.

Por último, o presidente do Consello tamén informou aos membros do pleno do proceso de contratación do xerente para a Denominación de Orixe, "procedemento que se atopa moi avanzado e se rematará en vindeiras datas", segundo informa o propio Consello.

Volver atras
Imprimir Página