Home  
 
 
 
 

Xosé Manuel Pérez Bouza

 
  O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar unha iniciativa na Cámara Alta na que lle solicita ao Goberno Central que destine ás obras de San Francisco os 9,5 millóns de euros que se consignaron nos Presupostos Xerais do Estado de 2006 e 2007 e que non se investiron debido ao litixio xudicial entre o Ministerio de Cultura e a empresa adxudicataria. O senador do BNG tamén demanda que se concrete o data de remate das obras, "xa que estas deberían estar rematadas hai dous anos", sinala Pérez Bouza.
 
 
Pérez Bouza pide ao Goberno que invista xa os 9,5 millóns consignados para as obras de San Francisco  
17 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL

Pérez Bouza lembra que debido o litixio entre o Ministerio de Cultura e a empresa adxudicataria, as obras de San Francisco permaneceron bloqueadas e non se investiron no proxecto de restauración integral de San Francisco os 6 millóns de euros que o Ministerio de Cultura tiña consignados para esta obra nos Orzamentos do Estado de 2006, e os 3,5 millóns que se contemplaban nos presupostos de 2007.
Neste sentido, o senador nacionalista pregúntalle ao Goberno Central se vai incluír, con carácter suplementario, estes 9,5 millóns de euros non invertidos nas partidas destinadas a esta obra nos Orzamentos Xerais do Estado para 2009.
Pérez Bouza considera "de xustiza incluír estas partidas non executadas para axilizar unhas obras que xa acumulan dous anos de retraso".

Ademais, o parlamentario do BNG pregunta ao Goberno por o prazo previsto para o inicio das obras no arquivo, pendente dunha reforma do proxecto, e de remate das obras no seu conxunto.
Por outra parte, solicita que se informe do importe da indemnización que o Goberno tivo que aboar á empresa adxudicataria das obras pola rescisión do contrato, e as condicións nas que se produciu a nova adxudicación.
Por último, Pérez Bouza pídelle ao Goberno Central que o proxecto de rehabilitación integral de San Francisco "sexa consensuado coas tres administracións implicadas é decir, Ministerio de Cultura, Xunta de Galicia e Concello de Ourense".


Volver atras
Imprimir Página