Home  
 
 
 
 
  O Concello de Bande, en colaboración co INORDE, ven de publicar un novo folleto turístico “Bande, con otra mirada” de cara á chegada de visitantes na tempada estival. Esta publicación pretende ser unha guía para os visitantes con propostas de aloxamentos, actividades culturais e deportivas, etc así como un percorrido pola historia e riqueza patrimonial do concello.
 
 
O Concello de Bande publica un novo folleto turístico en colaboración co INORDE
16 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

En colaboración co INORDE, o Concello de Bande vende de publicar un novo folleto turístico, "Bande, con otra mirada", ollando precisamente a tempada estival e a inminente chegada de viaxeiros a nosa provincia. A modo de guía, o folleto facilita ao visitante dende información do sitio ata propostas de actividades culturais e deportivas e opcións de avituallamento e pernocta.

O formato e deseño do folleto é vangardista, completamente distinto ós que se tiñan publicado dende o concello. Un formato e deseño en cadrado que

permite unha mellor visión das fotos, lectura dos textos e facilita o manexo do mesmo (unha simple dobrez e pódese gardar no peto).
A publicación estará a disposición de tódolos cidadáns a partir da vindeira semana e nos vindeiros días poderase descargar dende a páxina web do concello en formato pdf. Así mesmo farase unha distribución en organismos e institucións.
Esta iniciativa forma parte dun conxunto de medidas que pretenden a valorización e promoción dos recursos turísticos para a consolidación do Concello de Bande como destino de calidade.
 
Volver atras
Imprimir Página