Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Xosé Manuel Fírvida

 
  No concello de Barbadás estanse a comunicar á veciñanza as novas valoracións catrastais derivadas da revisión que levou a cabo a Axencia Catastral, e que, segundo o BNG, "están supondo un forte incremento na cota do imposto, que fan que se mulitiplique en moitos casos máis de catro veces". O BNG advirte que o incremento se aplicará durante dez anos, aplicando cada ano un 10% do incremento.
 
 
O BNG de Barbadás alerta sobre as novas valoracións catastrais, que farán que se multiplique hasta por catro o IBI
10 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A cantidade que figura como cota líquida do IBI nas notificacións que están a recibir os veciños de Barbadás "é a cantidade a pagar no ano 2009, e o aumento experimentado respecto ao ano 2008 seguirase a aplicar durante 9 anos máis". Deste xeito advirte o Grupo do BNG da importante subida que rexistrará a contribución urbana neste Cocnello, xa que o incremento aplicarase durante dez anos, a razón de un 10% cada ano.

Sinalan os de Xosé Manuel Fírvida que, debido á aprobación do PXOM de Barbadás no ano 2002, moitas terras de expansión de núcleos rurais pasan a formar parte da base impoñible do imposto, polo que tamén terán que tributar, cando até agora non o facían. Compre destacar que moitas destas terras, consideradas como urbanizables no PXOM, non o son en realidade, por non ter acceso directo a unha vía principal, ou por non ter as dimensións precisas para poder construir nelas.

Por todo o exposto, o BNG de Barbadás solicita a través dunha moción a debater no pleno do mes de xullo, que se reduza o tipo impositivo que se aplica, que actualmente é do 0,5 % ao 0,4 %, mínimo permitido pola Lei de Facendas Locais, e que permitiría unha reducción do 20 % do total do imposto.
Asemade, o BNG solicita que se apliquen tipos impositivos do 0,5 % ás segundas e terceiras vivendas e do 0,6 % a partir da terceira vivenda, para facilitar a posta no mercado das vivendas baleiras.

Por último, o BNG solicita que se apliquen bonificacións no imposto do IBI en función das rendas familiares, establecendo unha táboa de reducións tomando como base os ingresos por persoa da unidade familiar, tomando como referencia o índice do custo da vida

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página