Home  
 
 
 
 
  A Consellaría do Medio Rural puxo en coñecemento da Garda civil e da Policía xudicial os desperfectos sufridos na torreta da base aérea de Toén, onde foron cortados os tirantes de fundición suxeitos ás anclaxes no pé da estrutura e mais a protección da escaleira no tramo medio, segundo conta dita Consellaría.
 
 
Medio Rural denuncia a sabotaxe da torreta da base aérea de Toén a días do inicio da campaña de alto risco de incendios forestais  
9 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL

Garda civil e Policía xudicial investigan a sabotaxe producida na torreta de vixilancia da base aérea de Toén, onde apareceron cortados os seis tirantes de fundición amarrados ás tres anclaxes da estrutura, situadas na base, e mais a protección da escaleira no tramo medio da estrutura.
Medio Rural destaca a irresponsabilidade dos autores deste incidente producido na semana previa ao inicio da campaña de alto risco, ao pretender dificultar a operatividade e a eficiencia do dispositivo contra incendios. "Esta sabotaxe contra as infraestruturas do dispositivo supón tamén un agravio contra o erario público, xa que obriga a restaurar os danos causados con cartos de todos os cidadáns, o que evidencia un escaso aprecio polo servizo público", sinala o departamento de Suárez Canal.

A Consellaría do Medio Rural puxo estes incidentes en coñecemento da Garda Civil e da Policía Xudicial para presentar a correspondente denuncia, co obxectivo de que se inicien as pertinentes investigacións de cara a esclarecer os motivos e a autoría dos feitos.


Volver atras
Imprimir Página