Home  
 
 
 
 

Teresa Taboas

 
  Aparece publicado no Diario Oficial de Galicia deste mércores, 4 de xuño, o procedemento de información ao público do Plan Territorial do Val da Rabeda, así como o correspondente informe de sustentabilidade ambiental. A documentación pode consultarse durante o prazo de 2 meses nos concellos de Allariz, Taboadela, Paderne e San Cibrao das Viñas, así como na sede da Consellería en Santiago.
 
 
Sae á información pública o Plan Territorial Integrado do Val da Rabeda, "proxecto singular" segundo Vivenda e Solo
5 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, somete a información pública o Plan Territorial Integrado do Val da Rabeda e o correspondente Informe de Sustentabilidade Ambiental. Hai dous meses para facer as correspondentes consultas.
O Plan Territorial Integrado, contratado por 1,6 millóns de euros o pasado mes de novembro de 2007, é a figura urbanística acaída unha vez elaborado o Plan Director, tendo en conta que se trata dunha actuación que inclúe solo empresarial, construción de vivenda nova e rehabilitación. Trátase dun instrumento que ten como función  establecer o modelo territorial básico ao que debe tender a Comarca nun prazo de tempo determinado. No caso concreto do Val da Rabeda o obxectivo é coordinar as actividades a levar a cabo nos distintos Concellos que integran o ámbito a partir dunha perspectiva supramunicipal, facendo posible un desenvolvemento global da Comarca.

O Departamento autonómico prevé un investimento total de 200 millóns de euros nesta actuación do Val da Rabeda, que implica a creación de 4 millóns de metros cadrados de solo empresarial, e a construción de vivenda protexida sobre unha superficie de 1 millón de metros cadrados, para atender a demanda derivada do emprego que vai xerar a creación de solo empresarial.

Previsións de desenrolo

Nunha primeira fase, a Consellería de Vivenda e Solo desenvolverá dúas áreas de solo empresarial dentro desta gran actuación do Val da Rabeda: o Campus Industrial e o parque empresarial Taboadela. Nese sentido, o Departamento autonómico dispón dunha partida de 6,7 millóns de euros nos orzamentos de 2008 destinada á adquisición de dous millóns de metros cadrados, un millón correspondente ao 100% dos terreos do denominado Campus Industrial, onde se ubicarán as empresas relacionadas co sector téxtil, e outro millón de metros cadrados que albergará o parque empresarial Taboadela I, así como a realización de todos os traballos técnicos vinculados a esta actuación.

Recorda o departamento de Teresa Taboas que se trata dun proxecto calificado de “singular”, por canto conleva a creación de solo empresarial, vivenda protexida, rehabilitación das preexistencias e integración no territorio. "A figura urbanística do Plan Territorial Integrado, utilizada por primeira vez en Galiza, é proba da importancia desta actuación", sinálase dende a Consellería de Vivenda e Solo.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página