Home  
 
 
 
 
Francisco Rodríguez, alcalde, Alberto Gago, reitor da Universidade de Vigo, e Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, asinaron en Ourense un acordo marco para abordar o proxecto de urbanización do Campus de Ourense. Trátase dun proxecto tan amplo como ambicioso, do que os 300.000 euros que custará o seu proxecto técnico dan idea do seu calado. O acordo asinado este mércores en Ourense é tamén un acordo aberto e xeneroso, casi unha declaración de intenciós de colaborar nun proxecto que transformará a zona Este da cidade.
 
 
 
Concello, Universidade e Caixanova asinaron un acordo de colaboración para integrar na cidade o Campus de Ourense
5 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL

Concello de Ourense, Universidade de Vigo e Caixanova asinaron este mércores un acordo de colaboración que permitirá abordar o proxecto de urbanización do Campus de Ourense tal e como o contempla o equipo municipal de goberno. Trátase dun amplo e ambicioso proxecto, dó que da idea de que só o proxecto propiamente dito importa 300.000 euros. Precisamente este proxecto técnico que guiará o desenrolo do planeamento urbanístico desta zona deberá estar rematado coeste ano, segundo as intencións avanzadas polo rexedor municipal de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez.

O convenio asinado expresa o feito da "privilexiada localización do Campus Universitario de Ourense", que se situa no interior do casco urbano "e en íntima conexión con él", o que determina a súa importancia como factor de equilibrio e desenvolvemento de Ourense, e o seu potencial como elemento que incentiva o desenvolvemento urbanístico do sector Este do municipio. O Concello de Ourense considera que "pode actuar como un factor de de desenvolvemento económico e social, creando postos de traballo, revitalizando sectores produtivos, incrementando o valor engadido de moitos sectores da economía local e comarcal, e renovando espazos interurbanos", entre outros.

Polo de agora, o compromiso que suscriben os firmantes do acordo é amplo, xenérico e aberto, ao establecerse como obxectivos "a definición da actuación a desenvolver; a deteminación dos horizontes temporais para o seu desenvolvemento; fórmulas de financiamento; e calquera outro aspecto que se considere relevante".
O proxecto é tan amplo como que contempla dende o soterramento da actual Comarcal 536 neste punto, o que é a Avenida Otero Pedrayo, ata a creación de solo empresarial para proxectos de innovación e I+D que se ubicarían á carón do Campus Universitario, pasando polo desenrolo de infraestructuras, algunhas delas deportivas, comprometidas xa dende fai anos como son as pistas de atletismo e unha piscina climatizada que está previsto construir na zona universitaria desta cidade.

Volver atras
Imprimir Página