Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do Programa de Educación e Saúde Ambiental, organiza un ciclo de visitas didácticas para escolares de Educación Infantil e Primaria ó Centro de Educación Ambiental “Equal” e a Fontefiz. Alumnos do CEIP Virxe de Covadonga serán os primeiros en participar nestas visitas, ese mesmo mércores, día 4 de xuño, con saída ás 10:30 horas desde o seu colexio. En próximas datas participarán escolares doutros centros educativos.
 
 
Comeza este mércores un ciclo de visitas didácticas de escolares de Ourense aos centros de educación ambiental Equal e Fontefiz
4 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O centro Equal é unha cooperativa que basea a súa actividade na educación medioambiental e no achegamento á natureza, pretendendo ser unha axuda para conseguir unha mellor relación co noso contorno e tódolos elementos que o integran para unha mellora na calidade de vida mediante a educación en valores. Neste centro  os nenos realizarán unha serie de obradorios relacionados coa cociña natural e a nutrición, onde a través de medios gráficos e audiovisuais, e prácticas de cociña, descubrirán o valor da nutrición, a saúde e os alimentos naturais.

Tras coñeceren o centro Equal, os nenos visitarán o Centro de Fontefiz, emprazado no Concello de Coles,  que  desde 1992 centra o seu labor na recuperación e no mantenemento dos Recursos Zooxenéticos, o que fixo que os traballos iniciais con gando bovino se extenderan a outras especies ameazadas.
Con estas actividades preténdese conseguir unha serie de obxectivos como promover o interese pola alimentación como acto voluntario, educar na igualdade e na sáude alimentaria, observar e aplicar as normas de seguridade e hixiene relativas á actividade, e adquirir hábitos saudables na elección e consumo de alimentos.
 
Volver atras
Imprimir Página