Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA
 

En vez de presidir, Francisco Rodríguez moderará

 
  Ao peche das Xornadas que o Concello adica aos nosos maiores desde o pasado luns, está o máis forte do programa. As dez e media da mañá o alcalde terá que moderar un pleno no que os concelleiros "envellecerán" de repente pois serán os nosos maiores. Logo xantar no Xesteira, e pechará a xornada e os actos desta I Semana un acto-homenaxe aos centenarios no Otero Pedrayo.
 
 
A I Semana adicada ós Maiores conclué este venres cunha homenaxe do Concello aos ourensáns centenarios no Otero Pedrayo
30 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A I Semana adicada ós maiores, que organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense chega este venres á súa última xornada, que ten como acto central unha homenaxe ós ourensáns centenarios. Será ás 19:00 horas, no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, nun acto ó que asistirán o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social Marga Martín, aberto a tódolos que desexen asistir.
Recibirán a homenaxe catro persoas maiores de cen anos residentes en Ourense (tres mulleres e un home):

Concepción Rodríguez Quintas, Josefa López Blanco, Camilo Formosel Vázquez e Cristalina Adán Salgado (que neste caso non poderá asistir pero estará representada pola súa familia). Cada un dos centenarios recibirá un agasallo do Concello, consistente nunha praca conmemorativa, e un ramo de flores para o seu acompañante.

Pola mañá, ás 10:30 horas, no salón de plenos do Concello terá lugar un Pleno Municipal dos nosos maiores. Moderado polo alcalde, Francisco Rodríguez, participarán catro asociacións de persoas maiores: ESPES, UPD, Asomaga e Asociación de Xubilados de UXT. Dun xeito similar ós plenos municipais, cada un dos colectivos exporá as súas propostas de acordo sobre diferentes temas que serán debatidas polos grupos asistentes. Concretamente, exporanse as seguintes suxestións: Rebaixas no prezo dos espectáculos de ocio e tempo de lecer, gratuidade do transporte público para os maiores, supresión de barreiras arquitectónicas, creación dun Consello de Maiores, mellora da atención sociosanitaria e financiamento das asociacións de maiores

O programa de actos para este venres inclúe unha comida, as 14:30 horas, no Restaurante Xesteira, para a que se inscribiron 220 persoas. Ás 16:30, neste restaurante terá lugar a actuación de Queixumes dos Pinos, cun espectáculo de música e canto, pandeiretada e música tradicional.

 
Volver atras
Imprimir Página