Home  
 
 
 
 

Belén Girón

 
  O deputado provincial e alcalde de O Carballiño, Carlos Montes,  denunciou este xoves que “outra das persoas beneficiadas da dote que ten Baltar para crear postos de traballo á medida, é Belén Girón, afiliada do Partido Popular  e ex concelleira no Concello de Ourense". O deputado e alcalde de O Carballiño, sinalou que "estamos ante o mesmo caso que o da muller do portavoz do Partido Popular en O Carballiño", e asegura que "Baltar preparou a praza de Técnico Medio en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos para a señora Girón”.
 
 
A ex concelleira ourensá Belén Girón será a próxima enchufada de Baltar na Deputación, segundo anuncian os socialistas  
30 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL

A ex concelleira do PP no Concello de Ourense, Belén Girón, obterá pronto unha praza de Técnico Medio en Desenvolvemento Local e Fondos Europeos da Deputación de Ourense, segundo este xoves denuncióu o deputado socialista e alcalde de Carballiño, Carlos Montes. O deputado sinalou que se trata dun caso mui parecido ao da muller do portavoz do PP precisamente no Concello de O Carballiño, Arximiro Marnotes, que tamén accede a unha plaza nas probas de selección de persoal que se estan a desenrolar estes días na institución provincial.

Os socialistas insisten en que “Baltar lonxe de rematar coas prácticas caciquís que caracterizan a súa xestión na Deputación provincial e que fan que Ourense sexa coñecida en toda España, segue adiante co seu principal obxectivo, que non é outro que converter o ente provincial nunha oficina de emprego para todas as persoas afíns ao Partido Popular”.
Segundo Carlos Montes “Baltar é consciente de que esta será a súa última lexislatura ao fronte da Deputación", polo que está aproveitando os últimos momentos da súa vida política "para colocar ben a todos os seus amigos", sinala o deputado socialista. Un xeito de proceder que aínda preocupa máis ós socialistas polo feito de que deixará a Deputación de Ourense hipotecada en materia de persoal, xa que deixará unha plantilla de máis de 1.000 persoas vinculadas ao Partido Popular, segundo os cálculos do Partido Socialista.

Carlos Montes sinalou que “Baltar lle faría un gran favor á provincia de Ourense e a todos os seus cidadáns, se deixara de actuar, como el mesmo se define, como un cacique rancio", e incluso deixara o seu cargo de inmediato "antes de que o perda nas urnas dentro de tres anos".
Volver atras
Imprimir Página