Home  
 
 
 
 
  As organizacións sindicais CCOO, CIG, CSI-CSIF e UGT veñen de por en marcha unha campaña en defensa dos servicios públicos e en contra das privatizacións e da proliferación do que chaman "chiringuitos" da Xunta de Galicia. Acusan ao bipartito de manter as mesmas "políticas neoliberais do PP" e aínda empeorar as condicións laborais do persoal da Xunta, ao tempo que desprecian o acordo programático de goberno de 23 de xullo do 2005 no que se propugnaba precisamente todo o contrario que o que agora non fai o bipartito.
 
Noticias Relacionadas
  Escrito de PETICIÓN de Reunión Urxente co Presidente da Xunta,
Emilio Pérez Touriño
 
 
Sindicatos de clase e CSIF acusan ao bipartito de empeorar as condicións laborais dos traballadores da Xunta de Galicia
29 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

"Esta campaña sindical pretende denunciar a deriva do goberno bipartito do PSdeG-PSOE e BNG coa externalización da xestión de múltiples Servicios Públicos na Xunta de Galicia que vai en contra da filosofia defendida por partidos progresistas e ademáis é contraria ao recollido expresamente no acordo programático de goberno asinado o 23 de xullo de 2005 polo actual presidente e vicepresidente polo que, en representación dos seus respectivos partidos", sinalan as organizacións sindicais ao explicar o por qué desta campaña. Recordan que naquel acordo programático de goberno do 23 de xullo de 2005, se comprometían a apostar pola profesionalización da función pública galega, polo reforzamento dos servicios públicos esenciais na Xunta de Galicia, e pola eliminación da "administración paralela" herdada, se decía, do anterior goberno.

Pola contra, sinalan as organización sindicais, a realidade do goberno do bipartito na Xunta de Galicia é contraria a aqueles principios, xa que, sinalan, manteñen as mesmas políticas neoliberais do PP, crean máis novos entes e "chiringuitos", ademáis de manter os herdados, deixan degradar servizos públicos esenciais, permiten o empeoramento das condicións de traballo do persoal, promoven sistemas clientelares no acceso aos postos de traballo, e encarecen con máis custo os servicios privatizados.
Ante esta situación, as organizacións sindicais convocantes desta campaña "emprazan ao Presidente e ao Vicepresidente da Xunta para que mediante o diálogo transparente e por medio da negociación, poidamos acordar, determinar e fixar os servicios públicos esenciais na administración galega así como a reversión daqueles entes, chiringuitos ou privatizacións que deben formar parte da estructura básica dunha administración moderna, profesional, transparente, eficaz e ao servicio de tódolos cidadáns", sinalaron este mércores en Santiago os dirixentes das catros centrais sindicais que conforman esta especie de Plataforma Sindical.

Accións

As accións das organizacións sindicais empezaron o martes pasado, día 27, co correspondente solicitude por Rexistro da Xunta dunha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. Este mércores, os representantes sindicais compareceron ante os medios de comunicación para anunciar a presente campaña, ao tempo que comezou unha campaña de recollida de sinaturas "Na Defensa dos Servicios Públicos da Xunta de Galicia" que se extenderá ata o 12 do mes de xuño.
Será entón, o 12 de xuño, cando teña lugar unha concentración de traballadores e deelgados diante dos edificios administrativos que a Xunta ten las catro capitales galegas e nas cidades de Vigo e Ferrol, donde se presentarán as sinaturas recollidas en cda unha das seis cidade.
Para o 26 de xuño está prevista unha manifestación en Santiago de Compostela, con saída as 11 da mañá desde a entrada principal de San Caetano.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página