Home  
 
 
 
 

Carlos Montes

 
  O Grupo Socialista na Deputación provincial presentou  unha moción para o vindeiro pleno a celebrar o último venres deste mes, día 30, instando  a que se paralicen todos os procesos de selección de persoal que se están levando a cabo no ente provincial por ser  de dubidosa legalidade e transparencia. A medida ten relación co caso denunciado o venres pasado polo deputado Carlos Montes, no que a dona do portavoz do PP no Concello de Carballiño, acadou un 6,20 na primeira proba mentras que tódolos demáis aspirantes acadaron un cero, menos unha que obtivo un 0,10.
 
Noticias Relacionadas
  El PSOE denuncia que la esposa del portavoz del PP de Carballiño se posiciona muy bien en las oposiciones de la Diputación
 
 
O PSOE na Deputación solicita que se paralicen tódolos procesos de selección de persoal agora mesmo en marcha
13 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O deputado provincial, Carlos Montes, explica que "logo de facer un seguimento das probas de seleccións de persoal obsérvase que  todas e cada unha destas probas, ao realizarse o primeiro exame, coincide que o número de aprobados é o mesmo que o número de prazas convocadas. Chama a atención que sempre hai unha persoa que saca unha nota moi elevada e o resto de aspirantes sacan un cero". É un dos argumentos, si acaso o principal, que manexa o deputado socialista para presentar o seu Grupo unha moción ó pleno de maio do vindeiro día 30 pedindo que se paralice o proceso agora en marcha.

Dende o Partido Socialista insisten en que "é curioso que gran parte das persoas puntuadas cun cero son traballadores en activo da Deputación, aos que Baltar mantén con contratos encadeados", sinala Montes Marqués.
Montes denuncia que "é sospeitoso que se estean a empregar traballadores afíns a Baltar para que se presenten ás probas de selección que convoca a Deputación, e xustificar así que a praza se dea a determinadas persoas". Sinala o socialista que, de non ser así, "é difícil entender que persoas que, supostamente, son contratadas pola súa valía técnica obteñan puntuacións de cero".

Os socialsitas aseguran que son moitas as probas que levan a desconfiar dos procesos de selección de persoal que leva a cabo a Deputación provincial, e a dubidar da súa legalidade e transparencia polo que agora solicitan que "ó igual que pasara antes das eleccións  municipais do ano pasado, se paralice o proceso selectivo e se garanta a presenza durante o proceso de todos os partidos políticos e dos sindicatos con implantación  na provincia”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital