Xuventudes Socialistas sinala non entender como "a estas alturas da autonomía galega, o PP de Ourense pode vomitar un libelo dun ultradereitismo tan abstruso", sinala referíndose ao comunicado emitido o xoves pola concelleira popular Belén Iglesias no que cuestionaba o convenio sobre normalización lingüística asinado polo Concello coa Universidade. Sinala Xuventudes Socialistas que "usa-la expresión propaganda plurilingüe, non demostra xa unha incríbel belixerancia contra a normalización, senón contra a mera pluralidade lingüistica". Algo que os xóvenes socialistas califican de "extremista, incívico, anticonstitucional e depótico" e que "excede incluso ás provacións de certos grupos reaccionarios marxinais".
Nesta situación, ante, sinalan Xuventudes Socialistas, "algo que traspasa a fronteira do involutivo para entrar directamente nunha vomitiva felonía anti-galega", os xóvenes socialistas piden a expulsión da autora destas afirmacións, a concelleira Belén Iglesias, do seu Grupo Municipal e do Partido Popular. Sinala, exactamente que "ningunha rectificación do P.P. respecto a esta astracanada pode ser críbel se non inclúe a inmediata expulsión da concelleira Mª Belén Iglesias Cortés do seu Grupo Municipal e do partido".
|