Home  
 
 
 
 
  O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá este xoves un taller de literatura para mulleres no que estará a escritora galega Marta Dacosta, ao tempo que a Casa da Cultura de Allariz acolle a estrea da obra da Escola Municipal de Teatro "Bule que o mundo bole!".
 
 
O Concello de Allariz organiza este xoves un taller de literatura para mulleres e teatro
8 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este xoves día 8 de maio ás 18:00 h da tarde no primeiro andar do Fogar dos Maiores terá lugar un taller de literatura para mulleres, organizado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en colaboración co Concello de Allariz.
A escritora galega, Marta Dacosta impartirá este obradoiro no que se tentará reflexionar, coas mulleres asistentes, sobre aspectos relacionados coa literatura de mulleres. A partir da lectura e o comentario de texto pretenderase analizar a realidade da literatura feminina en Galicia.

Así mesmo, tamén este xoves, a partires das tres e media da tarde, a Casa da Cultura de Allariz acolle a estrea da obra da Escola Municipal de Teatro "Bule que o mundo bole!".
Esta función, encadrada dentro do programa de actos sobre as Letras Galegas, estará en cartel durante dous días máis, venres 9 e sábado 10, na Casa de Cultura en horario de tarde, ás 20:00h.
A Escola Municipal de Teatro de Allariz (EMTA) a cargo do director e dramaturgo Xián Bobillo, propón, esta vez, unha obra breve máis seria de teatro climático para ser escoitada por todos.
Trátase dun tema controvertido nestes días, que invita a pararse, ver a obra e pensar no futuro.
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital