Home  
 
 
 
 
  150 escolares participarán este mércores na celebración do Día Internacional do Libro que organiza a Deputación de Ourense. Os rapaces desprazaranse á chamada "Insua dos Poetas", unha finca de 5 hectareas cedida a institución provincial polo escritor Luis González Tosar e que de agora en adiante se adicará a actividades culturais e medioambientais, onde lerán textos relacionados coa natureza.
 
Noticias Relacionadas
  No Día do Libro, o colexio de primaria de O Couto volve a facer unha lectura continuada do Quijote este mércores
 
 
No Día do Libro, a Deputación aproveitará para presentar o proxecto na chamada "Insua dos Poetas"
23 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Deputación Provincial de Ourense celebrará este mércores, 23 de abril, o Día Internacional do Libro cun acto literario que terá lugar na chamada "Insua dos Poetas", unha finca de 5 hectáreas preto do Carballiño, que o escrito Luis González Tosar cedeu a institución provincial. E que en adiante se adicará a actividades culturais e medioambientais, segundo anuncia a Deputación ourensá.
Deste xeito, "a celebración desta edición do Día do Libro suporá a presentación oficial deste proxecto que mistura cultura e natureza, e que se ubica no

lugar de Esgueva, no límite dos concellos do Carballiño e O Irixo", sinala a Deputación de Ourense.

No acto literario está prevista a participación de uns 150 escolares que lerán textos literarios relacionados coa natureza, e tamén está prevista a participación de varios escritores galegos e a plantación de árbores de variedades autóctonas.
Ao acto está previsto, ademais, que asista o presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o propio escritor González Tosar, que farán entrega aos rapaces dun libro en galego editado por la institución provincial, acto co que rematará a celebración.

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital