Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Laura Seara

 
  Aproveintando que a Xunta de Galicia ven de tantear coa empresa aduxicataria das Inspeccións Técnicas de Vehículos a posibilidade de construir catro novas estacións máis en Galicia, Laura Seara quere saber qué posibilidades tería unha en Xinzo.
 
 
Seara pregunta si Xinzo podería ter unha estación permanente da ITV  
21 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Galicia ven de acordar coa empresa encargada da ITV  a necesidade de por en marcha instalacións específicas para a Inspección de Vehículos especiais como poden ser os adicados ao transporte de mercadorías perecedeiras. Outra das medidas adoptadas entre ambas entidades refírese á posibilidade de construír catro novas estacións para  a inspección de vehículos.
Tendo en conta este acordo, Seara presentou unha pregunta no Parlamento mediante a que preguntará á Xunta sobre a posibilidade de que unha destas novas instalacións para a ITV se constrúa en Xinzo de Limia.

“A  Limia é unha das zonas de Galicia con maior parque de vehículos agrícolas, consecuencia do importante que é para esta comarca a actividade agro-gandeira. A pesar diso, non hai en toda a zona da Limia unha estación de ITV”, sinala a deputada socialista paor Ourense.
Dende o Partido Socialista consideran que “sería moi positivo que, nunha posible ampliación e extensión territorial deste servizo de Inspección Técnica de Vehículos, a Limia puidera contar cunha destas estacións”
.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital