Home  
 
 
 
 
Dispón de 64 detectores o que permite imaxes de altísima calidade e alta definición en tres dimensións proporcionando exploracións mais rápidas e estudios mais precisos
Toma imaxes de altísima resolución, 160 fotogramas por segundo, o que abre o camiño a novas  exploracións vasculares, coronarias ou de colon. Trátase de novo escáner multicorte de última tecnoloxía que ven de estrear estres días o Complexo Hospitalario de Ourense, CHOU.
 
 
 
O novo escáner multicorte do CHOU permite imaxes de altísma resolución e estudos do paciente máis precisos
21 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

O Complexo Hospitalario de Ourense ven de estrear estes días un novo escáner multicorte de 64 detectores de última xeración, que permite imaxes de altísima calidade e definición en tres dimensións, proporcionando exploracións mais rápidas de todo o organismo en segundos, así como estudios mais precisos aplicables en tódolos eidos do diagnóstico por imaxe. O novo equipo enmárcase no Plan de Equipamento Tecnolóxico 2006-2009 e supón un investimento por parte do Servizo Galego de Saúde de 700.000 euros ao que se engadirá un novo TAC multicorte que está a ser instalado.

Grazas a súa alta capacidade, calidade e rapidez o novo escáner pode facer un estudio completo de corazón, abdome ou pelvis en tan só 5 segundos, e doutros órganos como o fígado en tan só 4, facendo un percorrido completo do corpo do paciente, en menos de 20 segundos,  tomando imaxes de altísima resolución a 160 fotogramas por segundo,  o que abre un camiño, impensable con outros escaneres, como as exploracións vasculares, coronarias ou de colon.
A súa aplicación para o estudio do sistema circulatorio é sen dúbida unha das principais novidades e vantaxes do novo equipo, xa que con tan só unha inxección de contraste radiolóxico nunha vena do brazo é posible realizar, con gran fiabilidade, estudios vasculares así como anxiografías periféricas, cun método non invasivo que gradualmente irá substituíndo ou complementando algunhas das técnicas empregadas na actualidade.

Advírtese dende o CHOU que, na actualidade, o equipo humano do servizo está formándose na realización de estudios coronarios e que poderían evitar a realización de cateterismos coronarios, tradicionalmente ligados á hemodinámica, convertíndose nunha alternativa desde o punto de vista diagnóstico deste método invasivo para coñecer o grao de obstrucción das arterias coronarias. Esto é posible gracias a que o novo TAC permite captar imaxes segmentadas do corazón en fraccións de tempo de ata 40 milisegundos, velocidade precisa para o estudio dun órgano en continuo movemento.
"A alta complexidade do novo equipamento require dun período de rodaxe e formación por parte de técnicos e especialistas para ir incluíndo progresivamente as novas posibilidades diagnósticas. A modo de exemplo deste esforzo de adaptación, nos equipos TAC convencionais os radiólogos debían analizar unha media de 20 imaxes por estudio fronte as mais 300 que pode aportar o novo TAC multicorte", sinalan os responsables do Complexo Hospitalario.

Nas tres primeiras semanas de rodaxe do equipo, o Servizo de Radioloxía do complexo realizou ao redor de 300 estudios, unha alta taxa de actividade que lles permitirá elevar a actividade global dunha proba diagnóstica cada día mais demandada polos distintos servizos, proba delo é que o pasado ano 2007 realizaron a exploración TAC de mais de 15.000 pacientes. 
Para a posta en marcha do novo equipo, situado no andar -1 do Hospital Cristal, xunto ás instalacións da Resonancia Magnética, o CHOU realizou obras de adaptación que permitiron crear novos espazos, distribuídos en catro áreas: sala de TAC, sala de control, sala de informes con tres novas estacións de traballo para os especialistas, e sala de preparación dos pacientes.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital