Home  
 
 
 
 
  O Centro Comarcal do Carballiño acolle a celebración do seminario “Iniciación á xestión de proxectos e subvencións” entre os días 25 e 26 de abril, dirixido ás asociacións galegas. Esta iniciativa enmárcase no programa sobre asociacionismo que a Consellaría do Medio Rural – a través da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza – está a desenvolver nas diferentes comarcas galegas dende o pasado ano coa intención de fortalecer o tecido asociativo en todo o país.
 
 
O Carballiño acollerá un seminario no que se enseñará a xestionar proxectos e subvencións  
21 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL

O seminario celébrase en dúas xornadas de catro horas de duración, en horario de 16:00 a 20:00 horas, o día 25, e de 10:00 a 14:00, o 26 de abril.  O obxectivo deste seminario é formar os participantes na metodoloxía de xestión de proxectos, de cara a que se convertan nun instrumento de planificación dentro das súas asociacións. Para conseguilo, o programa desta actividade céntrase na elaboración dun caso práctico: os participantes terán que realizar un pequeno guión do deseño dun proxecto, analizar os obxectivos, as actividades e os orzamentos, realizar un organigrama e un cronograma das actividades que se van realizar e, por último, preparar unha avaliación, unha xustificación e unha memoria.

Este seminario está dirixido a persoal voluntario e/ou directivo de asociacións, que teñan a responsabilidade da elaboración de proxectos e da xestión de subvencións nas súas entidades. A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscribirse previamente posto que as prazas son limitadas. A información e as inscricións poderanse realizar no Centro Comarcal do Carballiño a través do teléfono 988 53 02 52, do fax 988 27 37 69 ou do correo electrónico cccarballino@comarcasdegalicia.com indicando o nome completo, o enderezo, o teléfono ou o correo electrónico, a idade, a formación e mais a ocupación laboral.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital