Home  
 
 
 
 
  O Grupo Municipal do PSOE no Concello de Ourense pídelle ao Partido Popular que retire inmediatamente ao concelleiro José Luis Sousa de canto asunto teña ou poida ter que ver con Finca Santamariña e o proxecto de Flager. Os socialistas denuncian con documentos que o arquitecto e concelleiro do PP é un dos autores do proxecto de desenvolvemento urbanístico de Flager e, por si fora pouco, un dos firmantes dos proxectos de urbanización e compensación da AR-39 do PXOM de Ourense é dicir, Finca Mariñamansa. Pregúntanse os socialistas cómo Sousa pode cuestionar na xunta de área de Urbanismo do pasado xoves, que a concelleira, Áurea Soto, e o alcalde se axuden de técnicos externos "á percura do máximo nivel de asesoramento" no tema. A firma do concelleiro popular aparece nos anexos, prego de condicións e presuposto, ao igual que Sousa asina como enxeñeiro do proxecto de compensación.
 
 
Noticias Relacionadas
  El PP acusa al alcalde de marginar a los técnicos de Ourense en el asunto Santamariña para buscar "cómplices" fuera de la ciudad
 
 
O PSOE revela que o edil do PP e arquitecto, José Luis Sousa, é un dos autores do proxecto de compensación de Flager
Fotografía:  José Cerdeira  
21 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
O Grupo Municipal do Socialista no Concello de Ourense insta ao concelleiro do PP José Luis Sousa a que "se absteña inmediatamente de participar en calquiera proceso administrativo relacionado co expediente da Finca

Mariñamansa". O Grupo do PSdeG-Ourense alude á prohibición expresa que fai a Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas de que calqueira cargo político tome parte en actos relacionados con expedientes nos que se teña intereses privados. Xa que, segundo recorda o PSOE no Concello de Ourense, José Luis Sousa aparece como firmante, na súa categoría de enxeñeiro Industrial –colexiado núm. 489- nos proxectos de urbanización e compensación da AR-39 do PXOM de Ourense é decir, Finca Mariñamansa.

Concretamente, a firma de José Luis Sousa López aparece, xunto as de outros arquitectos e enxeñeiros, avalando os aspectos de enxeñería do proxecto de maio de 2006 para o desenvolvemento urbanístico da AR-39 correspondente ao solar de Finca Mariñamansa. A firma do concelleiro popular aparece nos anexos, prego de condicións e presuposto, ao igual que Sousa asina como enxeñeiro do proxecto de compensación.
O Grupo Municipal Socialista amosa a súa máxima "perplexidade" ante as actuaciaons de José Luis Sousa na Xunta de Área de Urbanismo, "onde se atreveu a cuestionar que o actual Goberno Municipal, en exercicio das súas responsabilidades, percure o máximo nivel de asesoramento  nun asunto de tal importancia para a cidade, cando el mesmo participou como técnico privado na redacción dos proxectos de urbanización e compensación, dende maio de 2006 cun compromiso profesional de execución polo prazo de tres anos", sinala o Grupo Muncipal Socialista.

O Grupo do PSOE lémbralle a José Luis Sousa que a lei obliga a que as autoridades e o personal das administracións públicas deberán absterse de participar en expedientes nos que “teñan interese personal  no asunto

do que se trate ou noutro en cuxa resolución poidera influir”, así como “ter relación de servicio con persona natural  ou xurídica interesada directamente no asunto”, ou “ terlle prestado servicios profesionais de calqueira tipo”. Asimesmo, o artigo 28 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas lembra, no seu punto 1º, a obriga dos cargos públicos que se vexan inmersos nun destes supostos de “comunicalo ao seu superior inmediato”, feito que non se ten dado no caso de José Luis Sousa.

Actitude reincidente do PP

Co caso de José Luis Sousa, "o Partido Popular de Ourense demostra que está empecinado en incurrir  de novo nos seus erros do pasado, ao amasar dun xeito confuso os intereses públicos  cos privados", sinala o Grupo Municipal Socialista ao valorar os feitos.
Asimesmo, se pregunta qué interese pode mover ao edil do PP a utilizar os cauces legais para a información municipal para demandar datos dun expediente no que de ningún xeito podería participar, segundo os preceptos legais en vigor.
Finalmente, o Grupo Municipal Socialista exhorta ao Grupo Municipal do Partido Popular "a que asuma dunha vez que a restauración da legalidade en política urbanística é xa unha realidade en Ourense, onde o culebreo confuso entre a delgada liña roxa que separa a ambigüidade política da transparencia  é cousa do pasado".

REDACCIÓN de Ourense Dixital
Volver atras
Imprimir Página  
 
REDACCIÓN de Ourense Dixital
       
REDACCIÓN de Ourense Dixital