Home  
 
 
 
 
  "Ciberxogos" de Aspanas acolle dende este mércores un cursiño de informática para nenos de etnia xitana que organiza a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense. En total serán 28 rapaces, e está previsto inauguralo as seis da tarde.
 
 
Nenos xitanos inícianse na informática con un cursiño que organiza a Concellería de Benestar Social
16 de ABRIL de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, dentro do Programa de Desenvolvemento Xitano, organiza dende este mércores un curso de iniciación á informática, dirixido a nenos de etnia xitana con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.

Debido ó número de solicitudes de inscrición, "alto" segundo os organizadores xa que foron un total de 28, o curso dividirase en 2 grupos de 14 nenos, que asistirán a clase uns os martes e outros os mércores, ata finais do mes de xuño, no local de Ciberxogos de Aspanas, ubicado na Avenida de Portugal, nº 93, baixo.

Este mércores, 16 de abril, ás 18:00 horas, terá lugar a inauguración do curso, á que asistirá a concelleira de Benestar Social, Marga Martín.

 
 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital